domingo, 28 de outubro de 2012

É TEMPO DE CABAZAS, CHEGA O SAMAÍN....

Ola ratiños!!!
Primeiro de nada, moitísimas grazas polas vosas poesías e traballiños contándome por que é que "LER É UN PRACER". Nuns días conpartireinos con todos vós, pero hoxe toca algo de Samaín, que xa esta aí!
Déixovos o vídeo dun conto moi fermoso (que podedes atopar na nosa biblioteca) titulado "Corre corre, cabaciña", da autora Eva Mejuto.


Despois de escoitar o conto, se premedes na imaxe da cabaza poderedes facer unhas actividades relacionadas co conto. A ler e a xogar!


Ah! E premendo AQUÍ, podedes tamén cantar este conto, cantas cousas!

xoves, 25 de outubro de 2012

O RATIÑO DE CONMENIÑO, UN RATIÑO DE MAR...

Este ano, pola Festa do Marisco, o ratiño de Conmeniño viaxou aos fondos mariños. Aos fondos mariños de Conmeniño, claro! Onde descubriu moitas cousas grazas ao voso traballo. Mirade mirade!



Ademais disto, tamén lle quixemos ensinar algo de inglés, polo que entre o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria elaboramos esta actividade LIM sobre o mar en English!


mércores, 24 de outubro de 2012

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2012


Co lema, "Biblioteca escolar, acelerador de innovación", preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) . Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño -2008, Miguelanxo Prado - 2009.

Non vos esquezades de pasar mañán mércores pola biblioteca e escribirme contándome por que é que "LER É UN PRACER!"
Un saúdo, ratiños, voume poñer guapo para mañá !

luns, 22 de outubro de 2012

AI, QUE ILUSIÓN, A MIÑA PROPIA CANCIÓN!

Ola ratiños! O que descubrín! Mirade, mirade o vídeo!


video ratiño from Biblioconmeninho on Vimeo.
Sí, é unha canción dobre o ratiño de Conmeniño cantada polos nenos de 3º. Ai, moitas grazas! Encántame esta canción que me adicáchedes. Aquí debaixo vos deixo a letra, non tedes máis que premer na imaxe para ler e cantar esta fermosa canción escrita pola profe Luisa.


Biquiños de ratiño emocionado!

domingo, 7 de outubro de 2012

CONTACONTOS EN CONMENIÑO

Ola ratiños e ratiñas! Hoxe traio moi boas novas. Mañá, as 16:30 haberá unha sesión de contacontos na nosa biblioteca. Queredes saber quen vivía alá no cabo do mundo no país onde o vento da a volta? Se queredes coñecer a Camila, espérovos o luns na biblioteca. Eu estarei en 1ª fila!


Ay, que me esquecía! Se premedes na imaxe poderedes escoitar este conto tantas veces como queirades e facer unhas actividades moi divertidas sobre él.

mércores, 3 de outubro de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS CURSO 2012-2013

Ola ratiños!
Un curso máis, as mochilas viaxeiras comezan a súa viaxe. Neste curso poderedes gozar dos libros da mochila durante 2 semanas, para que non vos quede nada sen ler.


Estes foron os nenos que levaron as Mochilas nesta súa primeira viaxe do curso 2012-2013. Estou desexando ler que me contades nos vosos cadernos viaxeiros. 

Biquiños de Ratiño Lector!