sábado, 27 de maio de 2023

Matilda- Roald Dahl

 Desde a área de Inglés tamén se traballan libros e contos da Biblioteca, como é o caso de Matilda, de Roald Dahl





Leme profe

 A importancia de ser modelos lectores para os máis pequenos/as




Club de lectura

Lecturas compartidas entre o alumnado de 1º de Primaria lendo "Fronteiras de Papel"... quen virá proximamente ao cole?


 

Encontros para contar contos

 Esta semana tivemos a sorte de contar coa visita do alumnado do 2º curso da ESO do IES Monte da Vila. Foron os encargados de ir polas clases de Infantil e de 1º e 2º de Primaria a contar algún dos nosos contos e historias preferidas.

Moitas grazas rapaces/as, esperámosvos para o vindeiro curso!







venres, 26 de maio de 2023

Escola de Nais e Pais- a familia como motor de cambio

 O 9 de maio tivemos a sorte de ter unha escola de nais e pais co psicólogo Óscar Páramos sobre a educación dixital dos nosos nenos e nenas.




Lectores mes de abril

 Aquí vos deixo as fotografías de Daniel e Lucas, os nosos lectores do mes de abril, de 2º curso. Parabéns rapaces!





Plan Director: A Garda Civil ten algo que contarnos...

  O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de contar coa presenza da Garda Civil, que veu a falarnos dos perigos das redes sociais, do acoso escolar e da violencia de xénero.

Porque... o acceso á información é un dereito fundamental de todas e todos para o desenvolvemento pleno dunha sociedade con pensamento crítico.





Traballos Letras Galegas

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, traballamos conxuntamente cos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do cole de Bizocas para que os nenos e nenas preparasen un conxunto de actividades sobre o autor homenaxeado este ano. Estas son as actividades que prepararon os nenos e as nenas de Conmeniño para que resolveran os/as de Bizocas:
  





Así mesmo, tamén vos deixamos as actividades que nos prepararon os nenos/as de Bizocas:










Palabras en galego

 O alumnado de EI queren dicirnos... PALABRAS XEITOSIÑAS EN GALEGO



Lectura e pracer

 Agora que ven o bo tempo, aproveitamos para cambiar o espazo da hora de ler

 





Concurso de fotografía

 Ola!

O vindeiro luns 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Queredes participar no I Concurso de Fotografía do noso cole?



Neste paraíso meco que temos a sorte de habitar vai ser cousa ben sinxela atopar motivos para inmortalizar cos vosos obxectivos. Seguro que descubrides un mundo que as máis das veces pasa desapercibido ante os nosos ollos.

Se queredes gozar da natureza e sacarlle o máximo partido á vosa cámara, seguide estes consellos para collerlle o truco á marabillosa arte da fotografía.

Agardamos con moita ilusión as vosas obras de arte!

Cantodorxo

 Ola!

O prometido é débeda. O venres ás 12,30 h tivemos unha cita, onde rematamos de festexar a Semana das Letras Galegas como máis nos gusta: cantando e bailando.

Tivemos unha xornada moi especial, xa que contamos coa participación dunha das asociacións con máis sona do Concello, Cantodorxo, que acompañaron a varias alumnas do noso cole para ofrecernos unha mostra de baile e música tradicional galega.

O certo é que podemos valorar a xornada moi positivamente, xa que gran parte da cativada do cole e moitas mestras e mestres, animáronse a bailar no peche da actividade, amosando interese por esta parte tan fermosa da nosa cultura.

Podedes ver o resumo do día no seguinte vídeo.





O noso agradecemento a Juan e Mariví pola súa boa disposición, o marabilloso trato e, especialmente, por darnos a oportunidade de coñecer de primeira man o fermoso das nosas tradicións e encher de música e alegría o noso centro. 💖💖💖

Parabéns ás Cantodorxiñas! Que ben o fixestes, mozas! Moitísimas grazas por facer que este día de celebración fose tan especial. Que orgullosas estamos de todas vós! 💙💙💙

Cinco en zocas

 Ola,

O martes 16 de maio, para ir quecendo motores para o Día das Letras Galegas, tivemos a honra de asistir a un concerto de Cinco en zocas, un grupo de música tradicional galega do que estamos ben orgullosas, xa non so polo ben que fan o seu traballo, senón porque ademais todas elas son deste paraíso meco.


Aínda que so puideron asistir tres das súas cinco compoñentes, foi un encontro que agardabamos con moita ilusión. So hai que observar as pancartas que en cada curso lles fixeron para recibilas.

Ademais de gozar moitísimo coa súa música, tamén houbo quen se animou a cantar e bailar.

Despois do concerto, as fans das zoquiñas puideron facerlles preguntas e pedirlles unha chea de autógrafos. Elas responderon a todas as nosas peticións cun gran sorriso nos beizos e ese falar tranquilo e agarimoso que as caracteriza.

Puidemos saber que dende pequenas amosaron interese pola música tradicional, especialmente por todas esas cancións que acompañaban aos nosos avós e avoas anos atrás e que, con moito traballo, intentan recuperar para que non se perdan.

Ademais,faláronnos dos instrumentos que adoitan utilizar: culleres, tixolas, táboas de lavar... que fan que a súa música sexa aínda máis especial.

Aquí tedes o resumo da xornada, que non esqueceremos en moito tempo.

Moitísimas grazas por todo e moitos éxitos,

queridas zoquiñas! ❤❤❤





Semana das letras galegas

Ola queridos/as lectores/as:

Con tanto evento e actividade que temos na axenda fíxonos falta a semana enteira para traballar as Letras Galegas

Non perdades detalle dela!

LUNS 15 DE MAIO: Comezamos a semana xogando coas actividades sobre Francisco Fernández del Riego que os compañeiros e compañeiras do CEIP As Bizocas deixaron no cole para vós. Chulísimas, verdade? Seguro que eles tamén gozan moito cos traballos que fixestes estes días con tanto esforzo e cariño.

Canto aprendemos sobre o autor homenaxeado deste ano!

MARTES 16 DE MAIO: Sabedes quen son Cinco en zocas? Lede con atención porque...

Si! Así foi! Tivemos o privilexio de asistir a un concerto das nosas zoquiñas favoritas.


xoves, 25 de maio de 2023

2 de Maio- Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar

 O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar e para conmemoralo,  fixemos unha lectura do libro "Mochilas" e colgamos na entrada do cole a de cada un/unha de nós.




Bibliopatio

Aquí vos deixamos outra das novidades, o noso carriño de Bibliopatio, no que a parte de libros hai distintas mochilas (creativa, de xogos de mesa, de escritura creativa...) para poder facer uso delas tanto no recreo coma na casa. Os responsables de levar o carriño e de facer os préstamos son os axudantes de Biblioteca.

 




Recuncho de lectura

 Aproveitando a Semana do Libro, puxemos en marcha un novo recuncho de lectura, que vos parece?





xoves, 18 de maio de 2023

O lobo en calzoncillos

Actividade do "calzoncillo" realizada polo alumnado de 1º curso.




 

Semana do libro

 Ola de novo lectores/as, 
Como sabedes, para conmemorar a Semana do Libro fixemos unha búsqueda do tesouro. Para iso, tiñamos que atopar uns libros pequeniños agochados polo patio, os cales tiñan o tello que nos levaría ao noso libro. Logo, xa na biblioteca, os nosos compañeiros e compañeiras axudantes nos explicarían como saber cal é o noso libro.




Os máis pequeniños tamén participaron, buscando as portadas dos libros.




martes, 16 de maio de 2023

Paralá

Vídeo da canción de Paralá de Mercedes Peón que interpretou o alumnado de 3º curso