sábado, 16 de xuño de 2018

REVISTA DIXITAL Nº76

Aquí vos deixamos o último número da revista "Rapaces e Rapazas". No seguinte enlace podedes acceder a ela:

REVISTA 2017-2018

luns, 11 de xuño de 2018

Recibimos a Natividad e Mustafa da ONG "POR UNA SONRISA"

Logo de investigar durante todo o terceiro trimestre a ONG "POR UNA SONRISA" hoxe recibimos a visita dos seus creadores: Natividad e Mustafa.

A súa é unha iniciativa que ten como obxectivo repartir no continente africano material escolar entre os nenos e nenas máis desfavorecidos.

Explicáronnos como foi a creación da súa ONG e o seu labor en África a través de diversas fotografías e vídeos. Así mesmo, entregámoslle todo o material escolar que conseguimos a través do Mercado Solidario que organizamos.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías dunha xornada moi especial: