xoves, 20 de marzo de 2014

CADERNO DE TRABALLO "8 MESES DE VIAXE SUBMARIÑA"

Como ben sabedes, durante este curso estamos de viaxe polo fondo mariño. Alá polo Entroido, grazas ao ratiño de Conmeniño,  descubrimos o libro "20000 leguas de viaxe submariña", do escritor francés Julio Verne. Dende entón, os nenos de 6º nos len cada 15 días un capítulo pola megafonía do cole, coma se fose un programa de radio! Como complemento á lectura do libro, traballamos nun caderniño no que imos rexistrando os traballiños do proxecto anual e a lectura desta obra.  Por se a alguén lle son útiles os caderniños deixámolos aquí,  só tedes que premer na imaxe inferior para velos e descargalos. Hai un para cada ciclo e está tamén o texto dos 7 capítulos cos que nós traballamos (empregamos esta versión adaptada para todo o colexio)


Aquí vos deixamos algunhas das portadas do libro "20000 leguas de viaxe submariña" deseñadas polos nenos de Conmeniño!








mércores, 19 de marzo de 2014

martes, 18 de marzo de 2014

UNHA ACTIVIDADE MOI SABOROSA...

Ola ratiños, 

hoxe tráiovos un recordatorio do que se está a cociñar en Pontevedra: O Salón do Libro de Pontevedra! Dende o 15 de marzo ata o 5 de abril podedes visitalo e descubrir como están "Cociñando contos" Premede na imaxe para ver o programa!


Saudiños de ratiño cociñeiro de contos!

domingo, 9 de marzo de 2014

UN ENTROIDO MOI MARIÑO EN CONMENIÑO

Ola ratiños! Por fin vos traio o resumo do que puiden ver da vosa celebración de Entroido.
Cando comezou a semana, empecei a ver cousas raras: nenos con barcos por sombreiro e con peixes cuberto o corpo enteiro...
Loco entereime, que era cousa do meco, ese meco mequiño... sempre mandando! Este ano, como non podía ser doutra maneira, ata o meco ven do fondo mariño, polo que os seus mandados trouxeron a brizsa do mar ao cole.
Un barco na cabeza, peixes por todo o corpo, unha áncora colgada da barrigola e uns zapatos preparados para a choiva e o mar...




E, xa chegado o día, un fermoso desfile! Os pequechos prepararon coas familias uns disfraces xeniais inspirados no libro que estamos a descubrir este ano no cole "20000 leguas de viaxe submariña" de Julio Verne. Así, desfilaron polo cole: Capitáns Nemo de 1º ciclo, polbos xigantes de Ed. infantil, submariños Nautilus de 2º ciclo e buzos de 3º ciclo.



Unha vez máis, MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
Deica a próxima, amigos!