martes, 18 de febreiro de 2014

RECURSOS DO ENTROIDO

Unha pequena compilación de recursos variados do Entroido (actividades LIM, contos, imprimibles...).


venres, 14 de febreiro de 2014

SE A UNHA SEREÍÑA QUERES NAMORAR...

Hai cousa de dúas semanas recibimos no noso correo elctrónico una mensaxe do ratiño, si, o ratiño de Conmeniño ten conta de correo, el sempre tan moderno. Na súa mensaxe pedíanos axuda. Resulta que na súa viaxe polo fondo mariño, namorou dunha sereíña. Parecía moi preocupado, porque xa ten que voltar para o cole e quere que a sereíña veña con el, pero para iso ha de namorala; así que pediunos colaboración. Nós, coma sempre, encantados de axudalo, investigamos un pouco nos libros que contan grandes historias de amor e escribímislle uns conselliños. Enviámosllos por correo tamén, pero, por se alguén máis o rpecisa, fixemos este pequeno vídeo recopilatorio:



Agardamos que vos guste e namoredes moito polo mundo adiante!

mércores, 12 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Este ano, polo día da paz, o noso lema foi "Mans pola paz", simbolizando que todos xuntos seremos quen de ter un mundo mellor. 



Ademais disto, coñecemos un pouquño máis a Nelson Mandela, investigando sobre a súa vida, a súa importancia e a súa loita pola igualdade de dereitos.



Celebramos ademais un pequeno festival, no que cada aula compartiu as mensaxes de paz que escribiran. Metemos estas mensaxes nunha botella, que un pai do cole vai tirar ao mar (meteremos para entón todas as mensaxes nunha botella de cristal, xa que o plástico é moi contaminante), para que as nosas mensaxes cheguen ben lonxe levadas polas ondas do nosos querido mar.



Para rematar esta conmemoración, cantamos a canción "Mensajes del agua", de Macaco.


Se queredes ver máis fotos só tedes que premer AQUÍ.

martes, 4 de febreiro de 2014

CONTOS POLA INTEGRACIÓN

Premendo na imaxe inferior poderedes ler uns contos moi especiais e facer varias actividades sobre eles. 




luns, 3 de febreiro de 2014

CONSELLOS PARA ADQUIRIR BOS HÁBITOS LECTORES

Aquí vos deixamos un pequeno documento con algúns consellos para adquirir bos hábitos lectores. Agardamos que vos sexan de utilidade.