martes, 27 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas escolares, polo que, ao longo desa semana, aproveitamos para ir pasando curso por curso, con distancia e desinfección previa, pola nosa Biblio.

Así, repasamos cómo se buscaban libros na nosa Biblioteca, e tamén presentamos o PDI deste curso 2020-2012, o cal será unha continuación do ano pasado: "Conciénciate co Medio", pero con distintas subtemáticas:

- INFANTIL: O desxeo dos polos 

- 1º PRIMARIA: As abellas 

- 2º PRIMARIA: Animais e especies en perigo de extinción 

- 3º PRIMARIA: A alimentación 

- 4º PRIMARIA: A agricultura ecolóxica e a vida marina 

- 5º PRIMARIA: Quecemento global e fenómenos meteorolóxicos 

- 6º PRIMARIA: Os incendios forestais

 

Con todo, aproveitamos para levar para as bibliotecas de aula algún libro relacionado coa nosa subtemática:

 





luns, 19 de outubro de 2020

Mochilas viaxeiras

Bo día queridos lectores e lectoras!

Hoxe arrancan coma todos os anos, as mochilas viaxeiras para as vosas casas, e que así poidades desfrutar coas vosas familias das lecturas que van nela. Recordade que é moi importante que coidedes ben o que vai dentro e máis de devolvelo todo ao colexio sen esquecerse de nada para que o resto dos nenos e nenas poidan tamén desfrutar delas. Polo que vos pregamos, que revisedes ben o seu contido antes de devolvela ao cole.

Este ano, en vez de levar a mochila 15 días de luns a luns, farémolo de luns ao seguinte venres, é dicir, 12 días, para que así, a mochila poida gardar corentena durante ese fin de semana antes de pasar ao seguinte neno ou nena, polo que é moi importante que sexades moi puntuais con este tema. 

Esperamos que vos gusten os seus contidos, e moitas grazas pola vosa colaboración e axuda.

Apertas de GusiBot!



venres, 16 de outubro de 2020

🎃🎃 SAMAÍN 🎃🎃

Achégase o Samaín e GusiBot preprarou unha estantería chea de recomendacións de libros relacionados coa temática, atrevédesvos a entrar neste mundo de medo e emocións?👻💀🎃



Tamén preparamos un concurso de relatos de medo, para que vos convirtades en grandes escritores e escritoras. Revisade as normas de participación e... a escribir!! 

Apertas de GusiBot!!






luns, 5 de outubro de 2020

ABRIMOS DE NOVO AS PORTAS! Curso 2020-2021

Ola a todas e a todos!!

Xa estamos de volta!! A Biblio Conmeniño abre de novo as súas portas nos recreos para todos os amantes da lectura, pero este curso, farémolo con algunhas novidades para cumprir con todas as medidas de seguridade do COVID-19. 

Anímaste a visitarnos? Antes de entrar, le o cartel coas novas normas e despois... A LER!!

Apertas de GusiBot!!