mércores, 29 de xaneiro de 2020

Recomendacións lectoras

Bo día de novo!
Dende a biblioteca do cole queremos deixarvos algunhas recomendacións lectoras relacionados co DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ que se conmemora o día 30 de xaneiro.
Estas son algunhas delas:
  • "¿Por qué?" - Nikoli Popov (a partir de 4 anos)
Este libro amósanos o absurdo das guerras. En moitas ocasións os conflitos comezan por algo pequeno e acaban sendo terribles e devastadores.

  • "El cielo de Afganistán" - Ana A. de Edulate e Sonja Wimmer (a partir de 3 anos)
Unha nena afgana soña con que na súa terra reine a paz para sempre. Canto á paz, á tolerancia e á solidariedade.

  • "El muro en mitad del libro" - Jon Agee (a partir de 4 anos)
O protagonista do libro está convencido de que o muro que hai na metade do libro o protexe dos perigos que hai na outra metade do libro, pero non se decata que no seu lado hai perigos reais. Sentido crítico, prexuízos e ampliación de horizontes son algunhas das temáticas que abarca.

  • "Wangari y los árboles de la paz" - Jeanette Winter (a partir de 6 anos)
Na tradición africana unha árbore é un símbolo de paz. O libro cóntanos como Wangari se enfrontaba á deforestación que asolaba o seu país de forma pacífica a través da plantación de árbores.

  • "Los niños no quieren la guerra" -  Éric Battut (a partir de 6 anos)
Unha lectura para explicar o absurdo das guerras. Se os nen@s non queren a guerra, para que loitamos e pelexamos?.

  • " Me llamo... Nelson Mandela" - Isabel Muntané e África Fanlo (a partir de 9 anos)
Libro que versa sobre a vida de Nelson Mandela, unha figura ligada á liberdade e á igualdade de dereitos dende o pacifismo. Un exemplo a seguir.

Os Bolechas pola igualdade

Ola nen@s!
Dende a Secretaría Xeral da Igualdade recibimos un novo material didáctico relacionado coa igualdade, "OS BOLECHAS POLA IGUALDADE".
O material que xa tedes á vosa disposición na biblioteca do cole son os libros dos nosos coñecidos e queridos Bolechas (traballando neste caso pola igualdade entre mulleres e homes).
Dende o noso cole queremos agradecerlle á Secretaría Xeral de Igualdade que nos achegase este material.
Agardamos que nos visitedes e gocedes con estas novas lecturas!
Apertas de GusiBot!



luns, 20 de xaneiro de 2020

NOVIDADES IGUALDADE

Ola a tod@s!!
Xa tedes á vosa disposición as últimas novidades da biblioteca. As novas adquisicións relaciónanse coa igualdade e algúns dos libros tamén son recomendacións vosas, polo que pasade pola biblio e collede a vosa lectura favorita. Hainas moi interesantes!!
Apertas de GusiBot!



xoves, 9 de xaneiro de 2020

Incendios en Australia

Ola a tod@s!! Como sabedes, Australia está vivindo unha auténtica catástrofe medioambiental cos incendios que están arrasando gran parte do seu territorio, alimentados por temparaturas récord e meses de severa sequía. Con graves consecuencias como a morte de persoas ou a queima e morte de moitísima flora e fauna, casas calcinadas, entre outras.
Sabedes que polo de agora xa arderon máis de 8 millóns de hectareas!! Para que vos fagades unha idea, sería unha superficie maior ca toda Bélxica.



Por iso, queremos deixarvos aquí o link dun interesante documental relacionado co cambio climático, "Antes de que sea tarde" así como varios enlaces relacionados coa noticia que vos contamos.

Documental National Geographic - Antes de que sea tarde

Os incendios en Australia matan a centos de koalas

As ilustracións que dan a volta ao mundo polos incendios de Australia

Dende aquí, desaxamos que a situación finalice canto antes!! Apertas de GusiBot!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Actividades de Nadal

Ola nenos e nenas!!! Xa estamos de volta!!! Que tal foron esas vacacións? Voltades coas pilas cargadas para este novo ano?😊
A continuación deixámosvos algunhas fotos das distintas actividades que se fixeron no cole durante a conmemoración do Nadal.

Decoración da mascota e dos corredores do cole
Os días previos ao acto do festival de Nadal os nenos e nenas do cole, elaboraron diferentes creacións para a decoración dos corredores así como das aulas. O alumnado de 6º de EP cedeu as súas maquetas para a decoración da mascota e o PDI.



Postais de Nadal para o noso amig@ invisible do cole
Cada nen@ do cole pintou a postal de GusiBot e dentro escribiu un desexo para o coidado do medio e do planeta para este 2020. Despois, repartíronse aleatoriamente entre o alumnado dos distintos cursos, facendo unha especie de "amigo invisible".






Calendarios de Nadal
Outra das actividades que fixemos foi a elaboración dos nosos propios calendarios. Para iso, cada nen@ fixo un debuxo relacionado coa temática que traballa a súa clase do PDI "Conciénciate co medio". Estes, expuxéronse no corredor principal do cole e o último día antes das vacacións, cada alumn@ levou o seu calendario para a súa casa.















Desexámosvos un 2020 cheo de ledicia, saúde e moita lectura! Apertas da vosa mascota, GusiBot!