Este ano estamos a participar no concurso de Pilabot, promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec. Trátase dun concurso onde os centros teñen que recoller o maior número de pilas ou acumuladores. Cantos quilos recolleriamos?
domingo, 31 de marzo de 2024
AS NOSAS EMOCIÓNS- RAQUEL PEDROUSO
E continuando coas emocións, tamén tivemos a sorte de ter con nós a Raquel Pedrouso, para falar cos nenos e as nenas sobre a saúde e a importancia de benestar emocional.
Raquel foi moi empática cos nosos nen@s e deunos moitos consellos para seguir traballando en materia de saúde mental e benestar emocional.
Grazas Raquel!!
EMOCIÓNATE- ELVIRA ROMAY
As emocións son moi importantes na nosa vida, porque reflexan o noso mundo interno e o que interpretamos do que sucede ao noso arredor. Por iso, como aspecto importante da nosa saúde, tivemos con nós a Elvira Romay, que nos explicou como funciona o noso cerebro para que puidésemos entender un pouquiño mellor como nos sentimos en cada momento.
Elvira é terapeuta, pero tamén e mamá de Lucas, da clase de 3º curso. Por iso, queremos agradecerlle, unha vez máis, poder contar con ela en talleres tan importantes sobre a saúde das nenas e dos nenos.
Todas e todos contamos
O pasado 8 de marzo tivemos con nós a "Todas e todos contamos", unha proposta inclusiva de Afundación. O obradoiro para os máis pequenos foi un conto teatrealizado sobre os distintos tipos de familias que podemos atopar. Despois, cada un deles debuxou a súa familia, creando entre todos un móbil colgante, que pasaremos a colgar na nosa biblio.
Foto dos móbiles colgantes cos distintos tipos de familias, que crearon os máis pequeniñ@s.
Para as nenas e os nenos de 2º, 3º e 4º a proposta foi un circuito circense, onde tiñan que realizar distintas actividades de equilibrio, puntería e acrosport.
E por último, para o alumnado de 5º e 6º, se lles explicará os principios da globoflexia para fomentar a creatividade e a imaxinación, traballando coa respiración e a concienciación da mesma, promovendo o traballo en equipo.
sábado, 30 de marzo de 2024
As nosas avoas
Este ano, polo 8M, foi a quenda das avoas, unha parte esencial das nosas vidas. Elas, puideron vir ao centro a contarnos historias, contos, lendas, refráns ou historias da súa infancia... e así foi como algunhas delas animáronse a participar compartindo un anaquiño do seu tempo con nós.
Gracias por facelo posible familias, e non deixar de colaborar 💪
A continuación, déixovos un pequeno resumo coas grandes protagonistas.
Comezando polos máis pequenos, tivemos a visita da avoa de Manuel de Pedre, de 3 anos, que nos trouxo diferentes sementes para plantar e nos explicou tantas cousas sobre o horto.
E así foi como a partir de aquí creamos os nosos propios semilleiros. Gústanvos?
Logo, pasamos á aula de primeiro de primaria, onde a avoa de Eva contounos un conto precioso sobre os avós.
E a avoa de Valeria, que nos veu a falar da súa infancia e dos recordos tan bonitos que aínda ten sobre a súa mestra.