Amosando publicacións coa etiqueta II Telexornal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta II Telexornal. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de outubro de 2024

II TELEXORNAL DE CONMENIÑO

 Ola de novo lectoras e lectores,

Onte, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas e desde o CEIP de Conmeniño traémosvos a segunda edición do telexornal de Conmeniño para presentarvos o noso proxecto documental integrado, OLLARTE, e ensinarvos a decoración das nosas portas. Un PDI que centra a súa mirada nos distintos tipos de arte e todo o que iso conleva, dando cumprimento aos obxectivos propostos pola Axenda 2030.

Un proxecto que axudará a integrar nas aulas á investigación, á lectura, á busca e o descubrimento, á experimentación, á escritura e á comunicación. 

Esperamos que vos guste! 

Aquí vos deixo o vídeo elaborado completamente polo alumnado de 6º curso.