xoves, 29 de xaneiro de 2015

O NOSO MERCADIÑO SOLIDARIO (I)

Este ano, con motivo do Día da Paz, e como parte do noso PDI " A volta ao mundo motados nun prato", decidimos relacionar o tema da paz coa fame e a existencia de persoas no tan afortunadas coma nós que non teñen que comer. Para isto, a pasada semana organizamos sesións de formación para concienciar aos nenos do colexio sobre o tema e facerlles unha proposta: UN  MERCADIÑO SOLIDARIO.


O ratiño de Conmeniño pediulles a súa colaboración. A súa misión era traes alimentos non perecedeiros ou alimentos para cans e gatos que esta semana puideron intercambiar por un libro (libros que foron expurgados da biblioteca por non estar en bo estado para unha biblioteca pero sí en perfectas condicións para gozar do pracer da lectura dende a casa) Estes alimentos recollidos van ser doados a Cáritas e ao Refuxio de Animais de Cambados que, coa axuda de voluntarios, se encargan de repartir comida con aquelas que o precisen e con animais que non teñen un fogar no caso do Refuxio de Animais.

Mañán é o último día de intercambio, pero xa podemos dicir que está a ser unha actividade moi proveitosa, xa que as familias, unha vez máis, sorprendéronnnos coa súa xenerosidade e participación. Unha vez máis MOITAS GRAZAS!

En breve vos contamos como organizamos o mercadiño e as conclusións do mesmo.

martes, 27 de xaneiro de 2015

O LIBRO DA PAZ E OUTROS RECURSOS POLO DÍA DA PAZ

Co gallo do Día da Paz estamos a preparar varias actividades no cole. Primeiro de nada, para situarnos todos, que é a paz? Neste libriño do autor estadounidense Todd Parr, tedes moitos exemplos! Como... "PAZ É QUE HAXA PIZZA NO MUNDO PARA TODOS"

Libro en galego con actividades para Ed. infantil e 1º e 2º de primaria.


E, en inglés premendo AQUÍ.

Aproveitamos xa de paso para deixarvos unha pequena compilación de recursos para o Día da Paz.


luns, 26 de xaneiro de 2015

DEREITOS E DEBERES POLO DÍA DA PAZ

Os nenos de 2º A, con motivo do Día da Paz, estiveron traballando einvestigando sobre os nosos dereitos e deberes. E, para compartilo con todos nós, prepararon este traballiño.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR - VISITAMOS UNHA PANADERÍA


Uns dos obxectivos da nosa "Volta ao mundo montados nun prato" é o de coñecer os alimentos en maior profundidade, así que o pasado luns 19 de xaneiro, despois de ir ao teatro (podedes ver que fomos ver premendo AQUÍ), fixemos unha paradiña antes de voltar ao cole. Fomos visitar a PANADERÍA BESADA, en O Grove. Alí tiñan todo preparado para nos explicar moitas cousas sobre o pan: ingredientes, como se fai, a importancia de consumilo, a súa historia... Foi unha actividade xenial! Se queredes ver algunhas fotos, aquí tedes!









Como vedes, foi unha mañán moi ocupada! En breve, os nenos de 4º, 5º e 6º pasarán polas clases de 1º, 2º e 3º a dar unha charla de expertos para compartir o que descubriron sobre o pan.

DE novo, MOITÍSIMAS GRAZAS Á PANADERÍA BESADA, en O Grove POR CONVIDARNOS E POR TRATARNOS MOI BEN, SAÍMOS DE ALÍ CUN MOI BO SABOR DE BOCA! ;)

luns, 19 de xaneiro de 2015

PARA UN DOCE 2015... CALENDARIOS SABOROSOS!

Como cada ano, dende o equipo de Dinamización da Lingua galega, propuxéronnos facer un calendario para regalar ás nosas familias. Tendo en conta o tema do PDI deste ano, elaboramos calendarios viaxeiros e saborosos! No seguinte vídeo poderedes ver o resultado!Agardamos que vos gusten e que o voso 2015 estea sendo ben saboroso e viaxeiro!

mércores, 14 de xaneiro de 2015

SAÍDA ESCOLAR- FOMOS DESCUBRIR "OS SEGREDOS DOS ALIMENTOS"

 Ola ratiños!

Son Roi, un dos reporteiros larpeiros de 6º.

O martes 11 de Novembro, os nenos de 5º e 6º fomos de excursión á granxa “O Kirico” en Fornelos de Montes. Cando chegamos, os monitores estaban na porta esperando a nosa chegada. Un intre despois chegaron os nenos do colexio de Noalla.

Déronnos unha charla sobre os alimentos que se tiñan que comer case sempre e os que había que comer moi de vez en cando.

Despois da charla fixeron unha obra de teatro sobre dous tomates: un que se criou nuha granxa e outro que se criou con productos químicos. O da granxa parecía que non pero sabia moito mellor ca o que se cultivou con produtos químicos.

Logo fomos ao invernadoiro a que nos falaran sobre as trampas para insectos e ensináronnos como se facían. Deseguido fomos ver os pasos polos que pasa o esterco para convertirse en compost.

A continuación fomos facer uns experimentos coa comida e aprendemos que na auga un iman atrae os cereais pero fora da auga non. Foi sorprendente! Isto é así porque os cereais conteñen ferro.

Deseguido fomos comer.

Logo tivemos tempo libre e fomos fóra para xogar, pero comezou a chover e tivemos que ir para dentro. Para non aburrirnos comezamos a bailar!

Cando acabou o tempo libre fixemos un gran xogo. Consistia en ir buscando aos monitores por todo o recinto e se os encontrabas dicíanche unha adiviña sobre os alimentos; se acertabas, podías coller a foto do alimento que quixeras. E así tiñas que facer o mellor menú posible.

Cando acabamos fomos ver os animais que tiñan. Fomos ata un sitio onde había cabalos, burros, vacas e coellos. Nunha mesa que había, podías coller un anaco de pan e darllo os animais. A continuación fomos ver aos demais animais. Vimos porcos vietnamitas e todos os galos e galiñas que tiñan, había moitísimos, case de todas as razas e países. Tamén se podía ir á xaula da cabra para darlle de comer pero antes fomos ver a un mapache e, para finalizar, os patos.

Por ultimo, fomos outra vez cara á casa.

En definitiva, aprendemos moito e quixera volver outra vez!"

Aquí tendes algunhas fotos deste día tan xenial: (e para vet todas as fotos, premede AQUÍ)

Estivemos moi cerca dos animais


No invernadoiro aramos terra...

e plantamos hortalizas.




 Divertímonos moito bailando

domingo, 11 de xaneiro de 2015

NADAL SABOROSO IV

E, rematamos cos traballos de investigación presentados polo Nadal, aí van!

Os exploradores de 3º, de volta da primeira etapa da súa viaxe, infórmannos sobre os seus descubrimentos:




Os cociñeiros larpeiros de 4º, preséntannos unha receita ideal para este Nadal ou para calquera momento do ano!




Os alumnso de 5º, de viaxe por México, fálannos do aprendido sobre este país do continente americano.



E, para rematar, os reporteiros larpeiros de 6º cóntannos sobre a súa interesante labor coma reporteiros:


sábado, 10 de xaneiro de 2015

NADAL SABOROSO III

Aquí vai a segunda entrega dos vosos traballiños de Nadal. Canto aprendemos entre todos!

Os alumnos de 1º e os seus descubrimentos sobre Reino Unido:



Dende Arxentina voltaron os nenos de 2º A para contarnos unha morea de cousas!:


Os alumnos de 2º B, case expertos na China, nos contan sobre esta parte do mundo:



Ata aquí por hoxe. CONTINUARÁ...

venres, 9 de xaneiro de 2015

QUEN SON OS REPORTEIROS LARPEIROS?

Ola ratiños!

Antes de seguir cos vosos traballiños de Nadal, un pequeno inciso. Coñezaemos aos reporteiros larpeiros!




xoves, 8 de xaneiro de 2015

NADAL SABOROSO II

Ola a todos!!!

Benvidos de volta ao cole! Para comezar, déixovos aquí algúns dos vídeos das vosas investigacións/tarefas levadas a cabo en relaciòn co proxecto "A volta ao mundo montadois nun prato" e presentados no noso Nadal Saboroso.

Primeiro de nada, os nenos de 4º de Ed. Infantil:



A viaxe por Italia dos alumnos de 5º de Ed. Infantil:




E, para rematar por hoxe, os nenos de 6ºde Ed. infantil co seu traballo de investigación sobre Hawaii:



En breve, o resto dos traballiños! 

Que teñades un moi bo 2º trimeste!