venres, 29 de maio de 2015

A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a todos!

Hoxe traémosvos as novas sobre a nosa Semana das Letras Galegas.
Como ben sabedes, este ano adicouse esta data ao escritor Xosé Filgueira Valverde, sobre o que vos deixaramos xa ideas e exemplos de actividades AQUÍ. Nas aulas traballamos sobre o autor, a súa biografía e obra e fomos polo cole procurando información nos carteis informativos que recibimos  que recibimos no centro.



Ademais disto, neste ano tan saboroso decidimos que co gallo do Día das Letras Galegas iamos xogar coas letras, para o que o alumnado de 1º e 2º creou un xogo moi chulo: PASA ALIMENTO, sóavos? Pois sí, é a nosa versión do coñecido Pasapalabra empregando no noso caso nomes de alimentos en galego (pratos tradicionais, froitas, ...)

Durante a Semana das Letras Galegas, todos os grupos fomos baixando para probar o noso dominio de nomes de alimentos en galego e ir completando o "rosco".



Pero iso non foi todo, non! Ademais de xogar coas palabras tivemos ocasión tamén de gozar de xogos tradicionais artesanais que nos cederon por medio da ANPA do noso colexio. Mandáronnos os xogos e as instrucións en galego e, tamén en grupos, fomos indo a descubrir estes xogos tradicionais, e que ben o pasamos!




                     




 E se queredes ver todas as fotos, premede AQUÍ

xoves, 28 de maio de 2015

NOVAS!

Ola a todos!

Como non queremos que vos perdades nada do que pasa no noso cole, inuguramos conta de Facebook, e non o podiamos inaugurar nunha mellor semana nin con mellores novas!

Se queredes seguirnos, premendo na imaxe accederedes ao noso perfil.


martes, 26 de maio de 2015

DOUS FINALISTAS E UN GAÑADOR!

      Esta semana comezou con moi boas novas para o noso cole, sobre todo, para tres compañeiros de 6º de primaria, que acadaron uns resultados xeniais en dous concursos.

Por unha banda está 
ALEX IGLESIAS MUÑIZ
ganador da cuarta edición do 
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL
 proposto pola Concellaría de Educación de O Grove.
PARABÉNS ÁLEX!
      Aquí temos a súa fotografía, que foi a elexida entre todas as presentadas polo alumnado 5º e 6º de primaria e de 3º e 4º da ESO dos centros de O Grove.


   Todas as fotos están expostas na biblioteca municipal, así que se queredes velas, non dubidedes en pasar por alí.


Por outra banda, temos a 
ANXO CAMBADOS COSTA e a SERGIO VIÑAS RÍOS,
 finalistas no 
III CERTAME DE RELATO CURTO. BRAVO!!! nORABOA, RAPACES!
proposto pola FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra).
    Chegar á final non era doado, xa que competían con outros moitos nenos de primaria de colexios públicos de toda a provincia de Pontevedra.
      Tanto o relato ganador como os relatos de todos os finalistas están recollidos e publicados nun libro, e tamén no Diario de Pontevedra.

Aquí os temos, orgullosos dos diplomas que lles entregou o xurado.




Se premedes na imaxe inferior, poderedes ler os seus relatos, non volos perdades!


PARABÉNS PARA OS TRES!

luns, 18 de maio de 2015

UN SABOROSO DÍA DA FAMILIA

Ola ratiños!

O pasado venres 15 de maio foi o Día Internacional da Familia. Por isto, os cativos do noso cole prepararon uns saborosos agasallos para as súas familias.



martes, 12 de maio de 2015

NOVAS DA MAN DOS NOSOS REPORTEIROS: CONCURSO DE COMBA



Redacción: Nerea Boullosa e Manuel Pérez.     

Ola, rapaces!!!
      Aquí estamos de novo os Reporteiros Larpeiros, que nesta ocasión vos imos falar do concurso de comba.

      O concurso celebrouse no noso pavillón, nas semanas do 7 ao 17 de abril.

      Podían participar todos os nenos de primaria, e os colaboradores eramos os nenos de 5º e 6º.

      Uns facían de xuíces contando e anotando os saltos de cada participante, outros daban á comba e outros eramos os fotógrafos: nós, os Reporteiros Larpeiros, quitando fotos aos nenos que saltaban, aos xuíces etc…

      Para saltar faciamos da seguinte forma: nós, os de 5º e 6º, saltabamos en grupos de tres; os de 3º e 4º ían en parellas; e para finalizar, os nenos de 1º e 2º ían de un en un.

     Nesta táboa podedes ver quen conseguiu saltar máis:

CATEGORÍA
PARTICIPANTES
Gisela, Zaira e Saúl Alfonso
Sofía, Saínza, Uxía García e Áfrika
3º e 4º
Antía (3º) e Arantxa (4º)
5º e 6º
Aitana, Julia e Noa (todas de 5º)

      Ademais detes compañeiros, todos os participantes o fixeron moi ben.

Parabéns!


     Se queredes ver as imaxes, deixámosvos este vídeo.


                                                                                

sábado, 9 de maio de 2015

AREPAS VENEZOLANAS

     Cando xa queda pouco para poñer fin ás viaxes culinarias dos nosos reporteiros internacionais, temos aquí unha nova receita.
      Tráenola GABRIEL, que quere presentarnos outro dos platos típicos de VENEZUELA, igual que o arroz con leite de coco que xa coñecemos da man doutro reporteiro. Nesta ocasión son as AREPAS. Agardamos que vos gusten!

AREPAS

laboriosa x 4 persoas x tempo de elaboración: 40 min + 2 h e 1/2 de cocción da carne

PRECISAS
1 pota
1 tixola
1 relador
1 prancha
1 recipiente


INGREDIENTES
250 g de fariña de millo branca cocida (fariña especial para arepas)
130 g de agua
100 g de queixo mozzarella
5 g de sal
500 g de carne de tenreira (mellor de agulla ou falda)
1 cebola pequena picada fina
1 dente de allo picado fino
2 tomates relados
colorante alimentario


1. Coloca a fariña, a auga, o queixo mozzarella en anacos e o sal nun recipiente.

2. A continuación, traballa a mestura até forma unha masa que non se pegue e coa que se poida facer unha bola.

3. Agora, prepara o recheo das arepas.Coce a carne durante dúas horas e media e despois déixa arrefriar e desfébraa.

4. Refoga nunha tixola a cebola co allo e cando estea ben pasada, engádelle o tomate relado e deixa cocer todo uns minutos.

5. Logo, incorpóralle a carne defebrada e mestura ben todo. Só queda darlle un fervor e reservar xa fóra do lume.

6. Para rematar o prato, fai bólas fai bólas coa masa e aplánaas. Acaba de cociñalas na prancha ou tixola.

7. Córtaas pola metade e éncheas coa carne desfebrada e quente. Xa están listas para servir.

      Se non temos moito tempo, tamén podemos facer as arepas con queixo e embutidos diferentes no lugar da carne (chourizo, xamón york...).


 Imos aló coa masa!

Primeiro mesturar... e logo amasar.

 Agora imos co recheo

 E o mellor de todo para rematar: a comeeer!


Estas arepas xunto co arroz con leite de coco como postre, formarían un menú venezolano exquisito e moi nutritivo.




venres, 8 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Aí vos deixamos unha relverde, o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas: 


Agardamos que vos sexa de utilidade!