Ola nen@s!!!
Que tal estades? Espero que moi ben!!
Hoxe remataba o prazo de entrega e aquí vos deixamos as vosas fotos cos vosos marcapáxinas e tweets conmemorando o Día do Libro.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS NEN@S QUE PARTICIPÁSTEDES E ÁS VOSAS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
Que pasedes unha boa ponte.
Unha aperta de GusiBot!
xoves, 30 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DO 2020
DÍA DO LIBRO
23 DE ABRIL DO 2020
Ola nen@s! Que tal estades? Agardamos que moi ben!
Dende o equipo de biblioteca queremos facervos dúas
propostas para conmemorar o Día do Libro, que como sabedes é hoxe, día 23 de
abril.
1º proposta : PARA TODO O ALUMNADO DO COLEXIO.
Esta consiste en que fagades o voso propio marcapáxinas.
Aquí vos adxuntamos dúas imaxes nas que tedes algúns exemplos moi orixinais e variados
así como os diferentes materiais que podedes precisar. Ademais, tamén tedes un
enlace que podedes visitar, nel detállese como facer este marcapáxinas paso a
paso (como vedes na imaxe inferior da dereita).
Por último, cando xa o teñades feito, debedes coller o
voso libro favorito e enviarnos unha fotografía na que se vexa o voso
marcapáxinas encima da portada ou ben, colocado nunha páxina do libro.
Para enviarnos as fotos, deixámosvos o correo electrónico
da biblioteca:
DEIXÁMOSVOS UN EXEMPLO DE COMO SACAR UNHA FOTO CO MARCAPÁXINAS COA PORTADA DUN LIBRO
2ª proposta: PARA O ALUMNADO DE 5º E 6 DE EDUCACIÓN
PRIMARIA
Neste caso consiste en que deseñedes o voso microrrelato.
Para iso existen varias pautas:
1. As vosas creacións
non poden ter máis de 200 caracteres (coma se escribrírades un tweet na rede
social Twitter, limitando a extensión das vosas mensaxes a un máximo de 200
caracteres). CREACIÓNS EN LINGUA GALEGA.
2. A temática
relacionarase co que están supoñendo para vos os libros e a lectura durante
este período.
3. AQUÍ TEDES OS MODELOS DESCARGABLES EN PDF PARA PODER FACELOS, XA PODEDES EDITALOS E ESCRIBIR DIRECTAMENTE DENDE O VOSO ORDENADOR CON SÓ DESCARGAR O PDF.
4. Cando
teñades lista a vosa creación tedes que enviala ao enderezo electrónico da
biblioteca: biblioconmeninho@gmail.com
Aquí vos deixamos unha imaxe adxunta:
MOI IMPORTANTE: TEREDES DE PRAZO UNHA SEMANA, É DICIR, ATA O VINDEIRO
XOVES PARA MANDARNOS AS VOSAS CREACIÓNS. Tanto as fotografías dos marcapáxinas como os vosos
microrrelatos. FACER FINCAPÉ, EN QUE REALICEDES OS ENVÍOS AO EMAIL DA
BIBLIOTECA PARA NON SOBRECARGAR OS CORREOS DOS TITORES E DAS TITORAS.
Animádevos e enviádenos os vosos resultados!!!
Grazas pola vosa colaboración e unha aperta do equipo de
biblioteca.
martes, 14 de abril de 2020
Museos na casa
Ola de novo a tod@s!
Como sabedes, dende diversos museos tamén procurar abrir as portas das nosas casas con diferentes alternativas que poñen á nosa disposición de maneira gratuita.
Por exemplo dende o Museo Guggenheim de Bilbao:

A través deste enlace, van ensinándonos os aspectos máis interesantes, descoñecidos ou curiosos do Museo para conseguir que o arte viva a través de nós.
Os expertos do Museo compatirán cada semana a súa visión máis persoal.
Outra iniciativa interesante é a do Museo do Prado de Madrid que a través da súa canle de Youtube comenta diferentes obras de artes para os máis pequen@s da casa.
- Museo do Louvre de París en Francia: Enlace ao Museo do Louvre de París
- Museo Británico de Londres no Reino Unido: Enlace ao British Museum de Londres
- Galería Nacional de Arte de Washington en Estados Unidos: Enlace á Galería Nacional de Arte
- Museo Metropolitano de Nueva York en Estados Unidos: Enlace ao Museo Metropolitano
- Museo Arqueolóxico de Atenas en Grecia: Enlace ao Museo Arqueolóxico de Atenas
Kalandraka TV - Contos contados
Ola nen@s!!
Que tal estades? Como foron as vacacións? Agardo que dentro das circunstancias tan especiais que estamos vivindo, fosen do mellor modo posible!!😀
Aquí vos deixo un recurso moi interesante da Editorial Kalandraka, que a través da súa canle de TV, nos achegan diferentes contos. Recoméndovos que a visitedes!!!
Dende aquí queremos darlle tamén as grazas á Editorial Kalandraka por esta iniciativa coa que achegan a literatura a moitos fogares!

Felices lecturas e apertas de GusiBot!!
venres, 27 de marzo de 2020
EDLG - Quédate na casa CEIP Plurilïngüe de Conmeniño
As compañeiras do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole tiveron esta bonita idea para compartir con tod@s vós.
Dende aquí queremos deixarvos tamén o enlace do vídeo para que vexades o resultado final... e xa sabedes... QUÉDATE NA CASA!😉
Moito ánimo e vémonos moi pronto! Saudiños de GusiBot!!
Dende aquí queremos deixarvos tamén o enlace do vídeo para que vexades o resultado final... e xa sabedes... QUÉDATE NA CASA!😉
Moito ánimo e vémonos moi pronto! Saudiños de GusiBot!!
Mes da poesía
Bo día a tod@s!!
Como sabes o pasado día 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, por iso, dende a biblio queremos deixarvos diferentes títulos de libros relacionados con esta temática.
Algunhas das recomendacións lectoras son as seguintes:

- Escolma poética de Rosalía de Castro de Rosalía de Castro da editorial Kalandraka.
- 12 poemas de Antonio Machado de Antonio Machado da Editorial Kalandraka.
- 12 poemas de Federico García Lorca de Federico García Lorca da Editorial Kalandraka.
- Cara de velocidade de Marga Tojo da Editorial Kalandraka.
- O bigote de Mimí de Manuel María da Editorial Fundación Manuel María.
- Emociones y sentimientos de Roberto Piumini da Editorial Edelvives.
- Un poema para curar a los peces de Jean - Pierre Simeon e Olivier Tallec da Editorial Kókinos.
- Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dalh da Editorial Alfaguara.
- Abezoo de Carlos Reviejo da Editorial Susaeta.
- Versos fritos de Gloria Fuertes da Editorial Susaeta.
- El libro de Gloria Fueres para niñas y niños de Gloria Fuertes da Editorial Blackie Books.
- Érase una pez: pequeños poemas para niños gigantes de Miki Naranja da Editorial B de Blok.
- Versos de niños del mundo de Carlos Reviejo da Editorial SM.
- Podrías de Joana Raspall da Editorial Takatuka.
- Versos de colores de Carlos Reviejo da Editorial SM.
- A lo bestia de Mar Benegas da Editorial Litera Libros.
- Versos del bosque de Carlos Reviejo da Editorial SM.
- Versos del mar de Carlos Reviejo da Editorial SM.
Algúns enlaces de youtube interesantes:
- Poemas de Gloria Fuertes para nen@s
- Canción del pirata de José de Espronceda- Contacontos Beatriz Montero.
- Margarita está linda la mar de Rubén Darío- Contacontos Beatriz Montero
- El lagarto está llorando de Federico García Lorca - Contacontos Beatriz Montero
- Rosalía pequeniña da cantante Uxía
- A Rosalía (No bico un cantar) da cantante Uxía
Páxina de descarga de poesía:
Felices lecturas e moito ánimo!! Saudiños de GusiBot!
mércores, 18 de marzo de 2020
Vídeo
Boa tarde a tod@s!!
Queremos darlle as grazas tamén as familias pola súa colaboración.
Agardamos que vos guste! Apertas de GusiBot!
Aquí vos deixamos o vídeo que fixéstes os nen@s do noso cole. Moitas grazas a tod@s por axudarnos!!! Dende logo, sodes uns expret@s diante da cámara!!
Queremos darlle as grazas tamén as familias pola súa colaboración.
Agardamos que vos guste! Apertas de GusiBot!
luns, 16 de marzo de 2020
Alternativas de contos para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria
Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, teatro de sombras, representacións,contacontos ... para os nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria principalmente. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo de lecturas conxuntas e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:
Felices lecturas, moito ánimo e apertas de GusiBot!
Alternativas de contos para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria
Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, teatro de sombras, representacións,contacontos ... para os nen@s de 3º e 4º de Educación Primaria principalmente. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo de lecturas conxuntas e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:
- PDF descargable con 13 contos - Iniciativa "Un conto ao día"
- PDF descargable con 18 contos que escribiron nen@s
- PDF descargable de contos para coeducar
- PDF descargable de contos de UNICEF
- Teatro de sombras Got Talent
- Teatro de sombras "Frozen"
- Curtametraxe - "Cuerdas"
- Curtametraxe - "Alike"
- Curtametraxe - "O regalo"
- Curtametraxe - "Cambia el cuento" Caperucita roja
- Canción en directo - "El Rey León"
- Actuación do Circo do Sol
Felices lecturas, moito ánimo e apertas de GusiBot!
Alternativas de contos para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria
Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, teatro de sombras, representacións,contacontos ... para os nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria principalmente. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo de lecturas conxuntas e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:
Felices lecturas, moito ánimo e saudiños de GusiBot!
Alternativas de contos para os máis pequenos
Nesta sección deixámosvos diferentes enlaces relacionados con diferentes contos, audiocontos, representacións,contacontos ... para os máis pequenos e pequenas das nosas casas, enfocados principalmente ao alumnado de Educación Infantil. A familia é unha ferramenta fundamental na adquisición dun hábito lector, deixámosvos algunhas opcións para que tamén compartades tempo conxunto e momentos de felicidade. Grazas pola vosa colaboración.
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:

Felices lecturas e apertas de GusiBot!
Ogallá que vos sexan de utilidade estes materiais:

A maiores deixámosvos dúas opcións para practicar un poquiño coa lingua inglesa:
Felices lecturas e apertas de GusiBot!
ACTUALIDADE DA NOSA BIBLIOTECA
Bo día nen@s e familias!
En primeiro lugar mandarvos unha forte aperta a tod@s agardando que esta situación mellore o máis pronto posible.
Por outra banda, informarvos aos nen@s que tedes libros emprestados que non vos preocupedes polos prazos de devolución, será algo que faremos cando regresemos ao colexio. Non é ningún problema nestes momentos.
Neste período sen clases presenciais no colexio, unha das cousas máis importantes e nas que están incidindo todo o profesorado do noso cole é na necesidade da lectura diaria, polo que dende aquí tamén vos pedimos que o fagades. Sen dúbida as familias xogades aquí un papel fundamental, polo que vos damos as grazas pola vosa colaboración.
Moito ánimo, felices lecturas e apertas de GusiBot!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)