Con motivo do Día das Bibliotecas, celebrado o pasado 24 de outubro, organizamos unha actividade moi especial na que os protagonistas foron os nosos lectores e lectoras.
Ao longo destes últimos días, os nenos e nenas que se animaron a participar fixéronse unha foto co seu libro favorito para recomendárllelo ao resto dos compañeiros e compañeiras.
Algúns trouxeron da casa eses libros que tanto lles gustan e outros escolleron os seus favoritos da biblioteca do cole.
Con todas estas fotografías preparamos unha colección de recomendacións lectoras dos nosos nenos e nenas, que nos permitirá coñecer novos títulos e, quen sabe, descubrir a nosa próxima lectura favorita!
Moitas grazas a todos os nenos e nenas que vos animastes a participar e a compartir as vosas lecturas favoritas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario