A vindeira semana recibiremos unha visita moi especial no noso cole: Salnesiña, a boneca que percorre os centros educativos do Salnés compartindo propostas e pequenos retos arredor da nosa lingua e cultura.
Durante a súa estancia, teremos que cumprir diferentes mandados: comezaremos cos saúdos en galego, descubriremos cancións e contos, xogaremos coas palabras a través de trabalinguas, refráns e poesía e remataremos cunha proposta moi especial para despedir a semana.
Serán uns días para xogar, crear, falar e gozar da nosa lingua dun xeito diferente, tamén coa colaboración das familias.
Xa temos os seus encargos preparados! Consultade a proposta de cada día e axudádenos a cumprir todos os retos.
Salnesiña, estamos agardando por ti!

Ningún comentario:
Publicar un comentario