luns, 16 de marzo de 2020

ACTUALIDADE DA NOSA BIBLIOTECA

Bo día nen@s e familias!
En primeiro lugar mandarvos unha forte aperta a tod@s agardando que esta situación mellore o máis pronto posible.
Por outra banda, informarvos aos nen@s que tedes libros emprestados que non vos preocupedes polos prazos de devolución, será algo que faremos cando regresemos ao colexio. Non é ningún problema nestes momentos.
Neste período sen clases presenciais no colexio, unha das cousas máis importantes e nas que están incidindo todo o profesorado do noso cole é na necesidade da lectura diaria, polo que dende aquí tamén vos pedimos que o fagades. Sen dúbida as familias xogades aquí un papel fundamental, polo que vos damos as grazas pola vosa colaboración.

Moito ánimo, felices lecturas e apertas de GusiBot!



Ningún comentario:

Publicar un comentario