xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DO 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DO 2020
Ola nen@s! Que tal estades? Agardamos que moi ben!
Dende o equipo de biblioteca queremos facervos dúas propostas para conmemorar o Día do Libro, que como sabedes é hoxe, día 23 de abril.
1º proposta : PARA TODO O ALUMNADO DO COLEXIO.
Esta consiste en que fagades o voso propio marcapáxinas. Aquí vos adxuntamos dúas imaxes nas que tedes algúns exemplos moi orixinais e variados así como os diferentes materiais que podedes precisar. Ademais, tamén tedes un enlace que podedes visitar, nel detállese como facer este marcapáxinas paso a paso (como vedes na imaxe inferior da dereita).
Por último, cando xa o teñades feito, debedes coller o voso libro favorito e enviarnos unha fotografía na que se vexa o voso marcapáxinas encima da portada ou ben, colocado nunha páxina do libro.
Para enviarnos as fotos, deixámosvos o correo electrónico da biblioteca:













DEIXÁMOSVOS UN EXEMPLO DE COMO SACAR UNHA FOTO CO MARCAPÁXINAS COA PORTADA DUN LIBRO



2ª proposta: PARA O ALUMNADO DE 5º E 6 DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Neste caso consiste en que deseñedes o voso microrrelato. Para iso existen varias pautas:
1.   As vosas creacións non poden ter máis de 200 caracteres (coma se escribrírades un tweet na rede social Twitter, limitando a extensión das vosas mensaxes a un máximo de 200 caracteres). CREACIÓNS EN LINGUA GALEGA.
2.  A temática relacionarase co que están supoñendo para vos os libros e a lectura durante este período. 
3. AQUÍ TEDES OS MODELOS DESCARGABLES EN PDF PARA PODER FACELOS, XA PODEDES EDITALOS E ESCRIBIR DIRECTAMENTE DENDE O VOSO ORDENADOR CON SÓ DESCARGAR O PDF.


4.  Cando teñades lista a vosa creación tedes que enviala ao enderezo electrónico da biblioteca:  biblioconmeninho@gmail.com

Aquí vos deixamos unha imaxe adxunta:






MOI IMPORTANTE: TEREDES DE PRAZO UNHA SEMANA, É DICIR, ATA O VINDEIRO XOVES PARA MANDARNOS AS VOSAS CREACIÓNS. Tanto as fotografías dos marcapáxinas como os vosos microrrelatos. FACER FINCAPÉ, EN QUE REALICEDES OS ENVÍOS AO EMAIL DA BIBLIOTECA PARA NON SOBRECARGAR OS CORREOS DOS TITORES E DAS TITORAS.

Animádevos e enviádenos os vosos resultados!!!
Grazas pola vosa colaboración e unha aperta do equipo de biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario