martes, 13 de marzo de 2018

Conmemoramos o Día da Muller.

O pasado 8 de marzo foi o Día da Muller e desde o colexio decidimos investigar diferentes mulleres importantes no mundo do deporte. Así, descubrimos a Blanca Fernández Ochoa, Billie Jean King, Laia Sanz, Andrea Oubiña, Teresa Perales, Verónica Boquete  e a María Vasco Gallardo.
Aquí tedes o resultado da nosa busca:
















































































































Así mesmo, recibimos a visita dunha Superheroína chamada Andrea, que ademais de levar a cabo o labor de enfermeira no seu día a día axudando a moitas persoas, no seu tempo de vacacións viaxa a Senegal para axudar aos poboados máis necesitados.

La imagen puede contener: una o varias personas, personas en el escenario e interior


mércores, 7 de marzo de 2018

VISITA DE OLGA COSTA!

Logo de investigar durante todo o trimestre o Refuxio de Animais de Cambados o día 6 de marzo recibimos a visita da súa directora: Olga Costa.
Olga explícounos como foi o proceso de creación da protectora e o labor que levan a cabo no día a día, así como as dificultades coa que se atoparon ao longo destes anos.
Ademais, trouxo dous cans cos que puideron interactuar os nenos e nenas e tamén lle fixemos entrega de todos os recursos obtidos a través do Mercado Solidario.
En definitiva, foi un día moi especial para todos e todas!






RECIBIMOS A VISITA DE LYDIA BOTANA!

O 2 de marzo recibimos a visita dunha verdadeira Superheroína: Lydia Botana.
Lydia é músico instrumentalista que ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
A través das súas cancións viaxamos a diferentes lugares do mundo e coñecemos mellor as súas culturas e tamén nos convidou a soñar e a voar con cancións como  Nómadas, Sempre Escampa ou Galicia no meu Corazón.
Foi un día incrible!










Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro

Participamos da proposta "Abride a Fiestra" da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
As fiestras nas nosas aulas atópanse agora decoradas con versos soltos e poemas de Rosalía.
Ademais, Rosalía viaxou aos fogares das nenas e nenos e as familias compartiron connosco fotografías deste momento.
Aquí vos deixamos imaxes desta conmemoración tan especial:





































mércores, 14 de febreiro de 2018

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

A paz é un elemento clave no noso proxecto anual e por este motivo traballamos coa canción Apertas que Voan de Brinca Vai e fixemos un flashmob con todo o alumnado do centro. Rematamos a proposta formando entre todos os educandos a palabra paz no exterior do colexio.

Así mesmo, cada neno/a recibiu unha silueta na que podía debuxarse a el mesmo como Superheroe /Superheroína ou debuxar unha persoa que sexa un Superheroe ou Superheroína pola paz. Ademais, na propia silueta describiron porque esas persoas contribuirían a crear un mundo mellor.

No seguinte enlace podedes ver o resultado final:

https://www.youtube.com/watch?v=C1G8rV9DcpI&feature=youtu.be




luns, 8 de xaneiro de 2018

Despedimos o 2017 e damos a benvida ao 2018!

Logo de gozar dunhas merecidas vacacións de Nadal, comezamos o segundo trimestre con moitas ganas e ilusión por seguir profundizando nas diversas investigacións que se están a levar a cabo dentro do Proxecto: Superheroes e Superheroínas por un mundo mellor.

E para que vexades todo o que xa levamos traballado, aquí vos deixamos os diferentes vídeos que cada nivel elaborou da súa investigación ao longo do primeiro trimestre:

                                                           EDUCACIÓN INFANTIL


1º 



                                                                       
                                                                         2º








5ºA



5ºB