Logo de investigar durante todo o trimestre o Refuxio de Animais de
Cambados o día 6 de marzo recibimos a visita da súa directora: Olga Costa.
Olga explícounos como foi o proceso de creación da protectora e o
labor que levan a cabo no día a día, así como as dificultades coa que se
atoparon ao longo destes anos.
Ademais, trouxo dous cans cos
que puideron interactuar os nenos e nenas e tamén lle fixemos entrega
de todos os recursos obtidos a través do Mercado Solidario.
En definitiva, foi un día moi especial para todos e todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario