O 2 de marzo recibimos a visita dunha verdadeira Superheroína: Lydia Botana.
Lydia é músico instrumentalista que ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
A través das súas cancións viaxamos a diferentes lugares do mundo e coñecemos mellor as súas culturas e tamén nos convidou a soñar e a voar con cancións como Nómadas, Sempre Escampa ou Galicia no meu Corazón.
Foi un día incrible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario