Aquí vos deixamos algunhas mostras dos traballiños propostos pola biblioteca relacionados co PDI.
luns, 8 de xuño de 2015
domingo, 7 de xuño de 2015
PRESENTACIÓN PDI: EXPLORADORES DE 3º EN... AUSTRALIA
Os exploradores de 3º, coma viaxe final foron ben lonxe, chegaron ás Antípodas, para cumplir coa misión que lles encarara Freddie, a mascota da aula de inglés.
venres, 5 de xuño de 2015
OS NOSOS TRABALLOS SOBRE O PDI
Estas dúas últimas semanas andivemos ben ocupados presentando os nosos traballiños relacionados co PDI. Pouco a pouco irémolos compartindo por aquí, pero mentres, unhas imaxes do variado dos traballos e do ben que o pasamos descubrindo couss novas na nosa volta ao mundo grazas aos nosos compañeiros.
Está a ser xenial viaxar todos xuntos!
martes, 2 de xuño de 2015
E PARA REMATAR A NOXA VIAXE... PRESENTAMOS OS NOSOS TRABALLIÑOS SOBRE O PDI (parte I)
Este ano, como tarefa final do noso proxecto anual, propuxemos que durante estas dúas semanas, ás que chamamos Semanas Culturais de Conmeniño, os alumnos do cole presentasen un traballo relacionado co aprendido na nosa "Volta ao mundo montados nun prato". Deuse total liberdade para o tipo de traballo, o importante era que o alumnado compartise o aprendido para así, entre todos, enriquecer a nosa viaxe.
Así, estamos a atoparnos con actividades moi variadas e sorprendentes. Hoxe deixámosvos coas presentacións dos nenos de Ed. Infantil.
Os nenos de 4º de Ed. nfantil presentáronnos unhas adiviñas moi saborosas, empregando así o tema das froitas escollido na súa clase para traballar neste curso.
Os nenos de 5º de Ed. Infantil levaron á Eiruga Larpeira con eles a Italia e nos contan o que por aquelas terras lle aconteceu:
E os investigadores de 6º de Ed. Infantil tamén se desplazaron ata Italia e tráennos un documental sobre a Torre de Pisa, non vos perdades o que descubriron estes pequenos investigadores!
luns, 1 de xuño de 2015
A NOVA BIBLIOTECA
Ola a todos!
Hoxe, recompilando o que foi acontecendo no noso cole durante este curso que remata en 3 semanas!, decatámonos de que, con tantas cousas, nin tempo tivemos a contarvos como montamos a nosa nova biblioteca! Con todo o que traballamos! Así que, sen máis demora, aí vai todo o proceso!
Como sabedes, para este curso concedéronnos o PlamBE, que é un programa de apoio ás bibliotecas escolares da Consellería a través do cal se ofrece financiación para mellorar a biblioteca e convertila nun centro de recursos para toda a comunidade educativa, espazo de traballo, procura de información, motor impulsor de actividades dun centro escolar... Pois tras varios anos intentándoo, conseguímolo! Para iso, como cada ano, presentamos un proxecto para levar a cabo neste curso coas tarefas que se ían propoñer para facer e tamén coas melloras que iamos levar a cabo na nosa biblioteca.
Unha desas melloras era mudar a biblioteca ao antigo espazo do laboratorio, que o noso conxerxe daquela, Paco, baleirou e limpou e o Concello acondicionou mudando o chan, pintando e facendo arranxos varios. Con isto, marchamos de vacacións de verán, deixando o novo espazo medio acondicionado, e mudando todos os libros da antiga biblioteca para a nova, pero tivemos que deixalos en caixas, xa que nos faltaba o mobiliario para colocar a biblioteca.
E voltamos en setembro, coa boa nova de que nos concederan o PlamBE, o que significada ter fondos para mercar algo de mobiliario, equipamento, libros, etc. Ese 1º trimestre adicámolo a organizar o que iamos mercar, o que podiamos reempregar dándolle unha man de pintura e acondicionando, planificar como ía ir montada a biblioteca (tiñamos unha planificación feita, pero tivemos que readaptala, xa que a pizarra dixital non podía ir onde inicialmente se programara), que espazos queriamos ter nela e como os iamos organizar vendo os mobles dos que iamos dispoñer... O noso conxerxe Antonio pintou de blanco parte das antigas estanterías para reutilizalas.
E mentres, o Equipo de Biblioteca, coa sala pechada, fomos poñendo en marcha as diferentes actividades que se levan a cabo no centro (Día das Bibliotecas Escolares, Mochilas Viaxeiras, préstamo de aula...). Para isto, decidimos dotar a cada aula cunha caixa de libros para as bibliotecas de aula, para que, mentres a sala da biblioteca estivese pechada, puidese haber préstamo para casa xestionándoo dende a aula.
Así mesmo, puxemos en marcha o proxecto anual, coa actividade de motivación que vos presentamos AQUÍ, e para el montamos a exposición de materiais relacionados co proxecto cos que contabamos no centro e compartiuse co profesorado unha selección de recursos online tamén relacionados co PDI "A volta ao mundo montados nun prato". A exposición de materiais físicos púxose fóra da sala da nova biblioteca, para que o alumnado, aínda que non podía entrar na nova biblioteca, se fose familiarizando coa súa nova ubicación.
E mentres, fomos buscando novas ideas para a organización da nosa bibloteca unha vez que as estanterías e o novo mobiliario estivese listo. Grazas a un curso de bibliotecas ao que asisitimos e no que visitamos a biblioteca do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro, en Vilariño, Cambados; co seu permiso, decidimos empregar o mesmo sistema de pictogramas que eles teñen na súa biblioteca. Adaptámolo aos nosos materiais e, xa no 2º trimestre, comezamos a traballar na nova organización da nosa biblioteca empregando este sistema de pictogramas combinado coa CDU. Nesta fase, xa comezaron a colaborar os nenos de 4º a 6º, que nos recreos viñan para axudar a recortar pictogramas, clasificar os libros polos temas da CDU, pegar gomets...
Pouco a pouco, con moitas horas de traballo, a nosa biblioteca comezou a tomar forma,fixemos unha CDU para ter sempre presente na biblioteca, etiquetamos as estanterías segundo a CDU e cos pictogramas escollidos para cada sub-tema dentro da CDU, os libros pouco a pouco comezaron a estar xa nos estantes co pictograma correspondente, fomos colocando o novo mobiliario, a ANPA regalounos unhas cortiñas para que a luz do sol non estrague os libros, evitar os reflexos nos ordenadores e non pasar demasiado calor, xa que o novo espazo é moi luminoso..
Tras meses de tanto traballo, decidimos que, aínda que quedaba moito por facer, a sala da biblioteca xa se podía empregar e, pouco a pouco, continuariamos etiquetando o que faltase e mellorando a nosa biblioteca. Decidimos inaugurala o día que se xubilou o noso director, como xa puidestes ler AQUÍ.
Os axudantes de biblioteca comezaron a "traballar" nos recreos facendo préstamo de libros, vixiando a sala, axudando aos máis pequenos cos ordenadores ou a procurar un libro... Todo isto, máis o traballo nas actividades de centro que se poñen en marcha dende a biblioteca.
Como podedes ver, foi un curso de moita "actividade", pero agora podemos dicir que pagou a pena, xa que os nenos están respondendo moi ben á nova biblioteca, vindo incluso no horario de tarde no que antes case non viñan e amosando moito interese por colaborar, móstranse máis autónomos á hora de buscar materiais,...
Xa para rematar esta loooonga entrada, deixámosvos un pequeno vídeo con imaxes da nosa biblioteca durante este curso 2014-2015.
Deica outro día!
venres, 29 de maio de 2015
A NOSA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Ola a todos!
Hoxe traémosvos as novas sobre a nosa Semana das Letras Galegas.
Como ben sabedes, este ano adicouse esta data ao escritor Xosé Filgueira Valverde, sobre o que vos deixaramos xa ideas e exemplos de actividades AQUÍ. Nas aulas traballamos sobre o autor, a súa biografía e obra e fomos polo cole procurando información nos carteis informativos que recibimos que recibimos no centro.
Ademais disto, neste ano tan saboroso decidimos que co gallo do Día das Letras Galegas iamos xogar coas letras, para o que o alumnado de 1º e 2º creou un xogo moi chulo: PASA ALIMENTO, sóavos? Pois sí, é a nosa versión do coñecido Pasapalabra empregando no noso caso nomes de alimentos en galego (pratos tradicionais, froitas, ...)
Durante a Semana das Letras Galegas, todos os grupos fomos baixando para probar o noso dominio de nomes de alimentos en galego e ir completando o "rosco".
Pero iso non foi todo, non! Ademais de xogar coas palabras tivemos ocasión tamén de gozar de xogos tradicionais artesanais que nos cederon por medio da ANPA do noso colexio. Mandáronnos os xogos e as instrucións en galego e, tamén en grupos, fomos indo a descubrir estes xogos tradicionais, e que ben o pasamos!
E se queredes ver todas as fotos, premede AQUÍ
xoves, 28 de maio de 2015
NOVAS!
Ola a todos!
Como non queremos que vos perdades nada do que pasa no noso cole, inuguramos conta de Facebook, e non o podiamos inaugurar nunha mellor semana nin con mellores novas!
Se queredes seguirnos, premendo na imaxe accederedes ao noso perfil.
martes, 26 de maio de 2015
DOUS FINALISTAS E UN GAÑADOR!
Esta semana comezou con moi boas novas para o noso cole, sobre todo, para tres compañeiros de 6º de primaria, que acadaron uns resultados xeniais en dous concursos.
Por unha banda está
ALEX IGLESIAS MUÑIZ,
ganador da cuarta edición do
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL
proposto pola Concellaría de Educación de O Grove.
PARABÉNS ÁLEX!
PARABÉNS ÁLEX!
Aquí temos a súa fotografía, que foi a elexida entre todas as presentadas polo alumnado 5º e 6º de primaria e de 3º e 4º da ESO dos centros de O Grove.
Todas as fotos están expostas na biblioteca municipal, así que se queredes velas, non dubidedes en pasar por alí.
Por outra banda, temos a
ANXO CAMBADOS COSTA e a SERGIO VIÑAS RÍOS,
finalistas no
III CERTAME DE RELATO CURTO. BRAVO!!! nORABOA, RAPACES!
proposto pola FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra).
Chegar á final non era doado, xa que competían con outros moitos nenos de primaria de colexios públicos de toda a provincia de Pontevedra.
Tanto o relato ganador como os relatos de todos os finalistas están recollidos e publicados nun libro, e tamén no Diario de Pontevedra.
Aquí os temos, orgullosos dos diplomas que lles entregou o xurado.
Se premedes na imaxe inferior, poderedes ler os seus relatos, non volos perdades!
Aquí os temos, orgullosos dos diplomas que lles entregou o xurado.
Se premedes na imaxe inferior, poderedes ler os seus relatos, non volos perdades!
PARABÉNS PARA OS TRES!
luns, 18 de maio de 2015
UN SABOROSO DÍA DA FAMILIA
Ola ratiños!
O pasado venres 15 de maio foi o Día Internacional da Familia. Por isto, os cativos do noso cole prepararon uns saborosos agasallos para as súas familias.
martes, 12 de maio de 2015
NOVAS DA MAN DOS NOSOS REPORTEIROS: CONCURSO DE COMBA
Redacción: Nerea Boullosa e Manuel Pérez.
Ola, rapaces!!!
Aquí estamos de
novo os Reporteiros Larpeiros, que
nesta ocasión vos imos falar do concurso
de comba.
O concurso
celebrouse no noso pavillón, nas semanas do 7 ao 17 de abril.
Podían participar
todos os nenos de primaria, e os colaboradores eramos os nenos de 5º e
6º.
Uns facían de
xuíces contando e anotando os saltos de cada
participante, outros daban á comba e outros eramos os fotógrafos: nós, os Reporteiros Larpeiros, quitando fotos aos nenos que saltaban, aos
xuíces etc…
Para saltar faciamos
da seguinte forma: nós, os de 5º e 6º, saltabamos en grupos de tres; os de 3º e
4º ían en parellas; e para finalizar, os nenos de 1º e 2º ían de un en un.
Nesta táboa podedes ver quen conseguiu saltar máis:
Ademais detes compañeiros, todos os participantes o fixeron moi ben.
Nesta táboa podedes ver quen conseguiu saltar máis:
CATEGORÍA
|
PARTICIPANTES
|
1º
|
Gisela, Zaira e Saúl Alfonso
|
2º
|
Sofía, Saínza, Uxía García e Áfrika
|
3º e 4º
|
Antía (3º) e Arantxa (4º)
|
5º e 6º
|
Aitana, Julia e Noa (todas de 5º)
|
Parabéns!
Se queredes ver as imaxes, deixámosvos este vídeo.
sábado, 9 de maio de 2015
AREPAS VENEZOLANAS
Cando xa queda pouco para poñer fin ás viaxes culinarias dos nosos reporteiros internacionais, temos aquí unha nova receita.
Tráenola GABRIEL, que quere presentarnos outro dos platos típicos de VENEZUELA, igual que o arroz con leite de coco que xa coñecemos da man doutro reporteiro. Nesta ocasión son as AREPAS. Agardamos que vos gusten!
AREPAS
laboriosa x 4 persoas x tempo de elaboración: 40 min + 2 h e 1/2 de cocción da carne
PRECISAS
1 pota
1 tixola
1 relador
1 prancha
1 recipiente
INGREDIENTES
250 g de fariña de millo
branca cocida (fariña especial para arepas)
130 g de agua
100 g de queixo mozzarella
5 g de sal
500 g de carne de tenreira
(mellor de agulla ou falda)
1 cebola pequena picada fina
1 dente de allo picado fino
2 tomates relados
colorante alimentario
1. Coloca a fariña, a auga,
o queixo mozzarella en anacos e o sal nun recipiente.
2. A continuación, traballa
a mestura até forma unha masa que non se pegue e coa que se poida
facer unha bola.
3. Agora, prepara o recheo
das arepas.Coce a carne durante dúas horas e media e despois déixa
arrefriar e desfébraa.
4. Refoga nunha tixola a
cebola co allo e cando estea ben pasada, engádelle o tomate relado e
deixa cocer todo uns minutos.
5. Logo, incorpóralle a
carne defebrada e mestura ben todo. Só queda darlle un fervor e
reservar xa fóra do lume.
6. Para rematar o prato, fai
bólas fai bólas coa masa e aplánaas. Acaba de cociñalas na
prancha ou tixola.
7. Córtaas pola metade e
éncheas coa carne desfebrada e quente. Xa están listas para servir.
Se non temos moito tempo, tamén podemos facer as arepas con queixo e embutidos diferentes no lugar da carne (chourizo, xamón york...).
Se non temos moito tempo, tamén podemos facer as arepas con queixo e embutidos diferentes no lugar da carne (chourizo, xamón york...).
Imos aló coa masa!
Primeiro mesturar... e logo amasar.
Agora imos co recheo
E o mellor de todo para rematar: a comeeer!
Estas arepas xunto co arroz con leite de coco como postre, formarían un menú venezolano exquisito e moi nutritivo.
venres, 8 de maio de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Aí vos deixamos unha relverde, o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas:
Agardamos que vos sexa de utilidade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









