venres, 2 de xuño de 2023

Recollida de lixo mariño

 Ola lectores/as, como ben recordaredes, en relación ao proxecto do cole... o alumnado de 4ºEP traballaba coa asociación AMICOS. 

Pois ben, o pasado mércores, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º tivemos unha saída moi proveitosa á praia. En primeiro lugar fixemos unha parada na lagoa Bodeira, que tal e como nos contou a profe Sonia... é a única das Rías Baixas e atópase aquí, no municipio do Grove, sabíadelo? Tamén puidemos ver e escoitar e fauna e a flora... que tranquilidade!

Logo, na praia, xunto cos membros da asociación AMICOS fixemos unha recollida de lixo mariño de máis de 15 KG!

Aquí vos deixo un pequeno resumo da mañá, incluíndo deliciosas merendas saudables.



Ningún comentario:

Publicar un comentario