O pasado mércores 14 de xuño fixemos unha viaxe en barco pola ría, onde puidemos descubrir un dos grandes tesouros que temos, que en boa parte define a nosa vila de O Grove, que é gastronomía.
Dende o porto embarcamos e fixemos varias paradas para ver as bateas de cerca e onde nos explicaban o seu funcionamento co mexillón e a importancia que ten para esta aldea mariñeira. Ademais puidemos observar a través dos cristais a visión submarina, o fondo do mar e os peixes que habitan debaixo dos criadeiros.
Tampouco faltou a música e baile para o desfrute dos rapaces; cantaron, saltaron e ata comeron mexillóns para o deleite do seu padal. Estaban boísimos!
Dende o cole agradecemos ao "Barco de Pepiño", no que gozamos dunha travesía fantástica, cun ambiente moi divertido e unha atención marabillosa.
Nesta ligazón poderedes reservar e vivir unha experiencia tan boa como a que tivemos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario