Ola lectores e lectoras
Hoxe viñemos un pouco famentos e famentas...
O venres 16 de xuño abriunos as portas o prestixioso restaurante “Culler de Pau”. As súas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, a través de produtos especialmente ecolóxicos e producidos por eles mesmos.
O entorno e a natureza é o camiño gastronómico que os identifica como un lugar único para que o prato sexa especial.
E ata tivemos a oportunidade de plantar...
Queremos agradecer a atención que recibimos. Foi un verdadeiro privilexio ver dende tan cerca o funcionamento do horta, antes de que os alimentos chegen á mesa.
O coidado e o entorno é fundamental.
Grazas, pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario