luns, 10 de febreiro de 2020

Mes do amor e da amizade

Con motivo do mes do amor e da amizade, no noso cole propuxemos unha actividade que é a creación dun acróstico a partir de diferentes palabras relacionadas co noso PDI (como por exemplo poden ser animais, mar, natureza, reciclaxe, ...).
As pautas para realizar esta actividade son as seguintes:


  1. COLLE UNHA FOLLA COA PALABRA QUE TI PREFIRAS E SOBRE A QUE CREARÁS O TEU ACRÓSTICO.
  2. CADA UNHA DESAS LETRAS SERÁ A INICIAL DA PALABRA POLA QUE TEN QUE COMEZAR ESE VERSO. TRÁTASE POIS, DE FACER UNHA POESÍA.
  3. A TEMÁTICA SERÁ A AMIZADE OU O AMOR (POLAS PERSOAS, FAMILIA, NATUREZA, ANIMAIS, MAR, ...).
  4. PODES FACELO CON RIMA OU INCLUSO SEN RIMA.
  5. COMO VES, AS PALABRAS ESTÁN ESCRITAS EN GALEGO, POLO QUE PARA AS TÚAS CREACIÓNS EMPREGA A LINGUA GALEGA.
  6. CANDO O TEÑAS FEITO, ENTRÉGAO NA BIBLIOTECA Á PERSOA QUE ESTEA DE GARDA.
  7. AS VOSAS CREACIÓNS EXPORANSE NO CORREDOR DA BIBLIOTECA.

Lembrade que tedes ata o mércores 12 de febreiro para entregalas.



Moito ánimo!! Seguro que sairán cousas fantásticas!

Apertas de GusiBot!
       

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Bo día nen@s!
Con motivo desta data tan importante, no noso colexio fixemos diferentes actos.
Un deles foi a lectura de diferentes frases relacionadas coa paz por parte de todas as clases, ben creadas polos propios nenos e nenas ou de persoas relevantes como puideron ser (Mandela, Ghandi, ...). Cada unha das clases tamén plantou unha semente durante este acto.
Aquí vos queda algunha fotiño desa actividade.












Outra das actividades consistiu na proxección da película "Invictus" na nosa biblioteca. Tras a posta en liberdade de Nelson Mandela no ano 1990, este chega á presidencia do seu país e decreta a abolición do "apartheid". Con motivo da celebración da Copa do Mundo de Rugby no ano 1995 en Sudáfrica, Mandela emprega o deporte como ferramenta na busca dunha reconciliación entre a poboación de cor negra e branca. Co obxectivo de eliminar as diferenzas e prexuízos existentes.

Por último outra das actividades, foi o mural nunha das paredes do patio cuberto do cole. Zaira de 6º foi a nena que creou o debuxo orixinal e que entre todos os nen@s do cole trasladamos ao noso patio. Gustouvos o resultado? A min encantoume!!!!



















Que pasedes un moi bo día! Saúdos de GusiBot!

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Recomendacións lectoras

Bo día de novo!
Dende a biblioteca do cole queremos deixarvos algunhas recomendacións lectoras relacionados co DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ que se conmemora o día 30 de xaneiro.
Estas son algunhas delas:
  • "¿Por qué?" - Nikoli Popov (a partir de 4 anos)
Este libro amósanos o absurdo das guerras. En moitas ocasións os conflitos comezan por algo pequeno e acaban sendo terribles e devastadores.

  • "El cielo de Afganistán" - Ana A. de Edulate e Sonja Wimmer (a partir de 3 anos)
Unha nena afgana soña con que na súa terra reine a paz para sempre. Canto á paz, á tolerancia e á solidariedade.

  • "El muro en mitad del libro" - Jon Agee (a partir de 4 anos)
O protagonista do libro está convencido de que o muro que hai na metade do libro o protexe dos perigos que hai na outra metade do libro, pero non se decata que no seu lado hai perigos reais. Sentido crítico, prexuízos e ampliación de horizontes son algunhas das temáticas que abarca.

  • "Wangari y los árboles de la paz" - Jeanette Winter (a partir de 6 anos)
Na tradición africana unha árbore é un símbolo de paz. O libro cóntanos como Wangari se enfrontaba á deforestación que asolaba o seu país de forma pacífica a través da plantación de árbores.

  • "Los niños no quieren la guerra" -  Éric Battut (a partir de 6 anos)
Unha lectura para explicar o absurdo das guerras. Se os nen@s non queren a guerra, para que loitamos e pelexamos?.

  • " Me llamo... Nelson Mandela" - Isabel Muntané e África Fanlo (a partir de 9 anos)
Libro que versa sobre a vida de Nelson Mandela, unha figura ligada á liberdade e á igualdade de dereitos dende o pacifismo. Un exemplo a seguir.

Os Bolechas pola igualdade

Ola nen@s!
Dende a Secretaría Xeral da Igualdade recibimos un novo material didáctico relacionado coa igualdade, "OS BOLECHAS POLA IGUALDADE".
O material que xa tedes á vosa disposición na biblioteca do cole son os libros dos nosos coñecidos e queridos Bolechas (traballando neste caso pola igualdade entre mulleres e homes).
Dende o noso cole queremos agradecerlle á Secretaría Xeral de Igualdade que nos achegase este material.
Agardamos que nos visitedes e gocedes con estas novas lecturas!
Apertas de GusiBot!



luns, 20 de xaneiro de 2020

NOVIDADES IGUALDADE

Ola a tod@s!!
Xa tedes á vosa disposición as últimas novidades da biblioteca. As novas adquisicións relaciónanse coa igualdade e algúns dos libros tamén son recomendacións vosas, polo que pasade pola biblio e collede a vosa lectura favorita. Hainas moi interesantes!!
Apertas de GusiBot!



xoves, 9 de xaneiro de 2020

Incendios en Australia

Ola a tod@s!! Como sabedes, Australia está vivindo unha auténtica catástrofe medioambiental cos incendios que están arrasando gran parte do seu territorio, alimentados por temparaturas récord e meses de severa sequía. Con graves consecuencias como a morte de persoas ou a queima e morte de moitísima flora e fauna, casas calcinadas, entre outras.
Sabedes que polo de agora xa arderon máis de 8 millóns de hectareas!! Para que vos fagades unha idea, sería unha superficie maior ca toda Bélxica.



Por iso, queremos deixarvos aquí o link dun interesante documental relacionado co cambio climático, "Antes de que sea tarde" así como varios enlaces relacionados coa noticia que vos contamos.

Documental National Geographic - Antes de que sea tarde

Os incendios en Australia matan a centos de koalas

As ilustracións que dan a volta ao mundo polos incendios de Australia

Dende aquí, desaxamos que a situación finalice canto antes!! Apertas de GusiBot!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Actividades de Nadal

Ola nenos e nenas!!! Xa estamos de volta!!! Que tal foron esas vacacións? Voltades coas pilas cargadas para este novo ano?😊
A continuación deixámosvos algunhas fotos das distintas actividades que se fixeron no cole durante a conmemoración do Nadal.

Decoración da mascota e dos corredores do cole
Os días previos ao acto do festival de Nadal os nenos e nenas do cole, elaboraron diferentes creacións para a decoración dos corredores así como das aulas. O alumnado de 6º de EP cedeu as súas maquetas para a decoración da mascota e o PDI.



Postais de Nadal para o noso amig@ invisible do cole
Cada nen@ do cole pintou a postal de GusiBot e dentro escribiu un desexo para o coidado do medio e do planeta para este 2020. Despois, repartíronse aleatoriamente entre o alumnado dos distintos cursos, facendo unha especie de "amigo invisible".






Calendarios de Nadal
Outra das actividades que fixemos foi a elaboración dos nosos propios calendarios. Para iso, cada nen@ fixo un debuxo relacionado coa temática que traballa a súa clase do PDI "Conciénciate co medio". Estes, expuxéronse no corredor principal do cole e o último día antes das vacacións, cada alumn@ levou o seu calendario para a súa casa.















Desexámosvos un 2020 cheo de ledicia, saúde e moita lectura! Apertas da vosa mascota, GusiBot!

luns, 2 de decembro de 2019

Gañadores dos sorteos na biblio!

As persoas que gañaron nos dous últimos sorteos na biblio foron as seguintes:

         1º sorteo:

  • Inés Filgueira de 2º de EP.
  • Lucía González de 2º de EP.
  • Andrea Naveiro de 2º de EP.
       2º sorteo:
  • Flavia Silva de 5º de EP.
  • Leo Aguín de 2º de EP.
  • Évora Castro de 4º de EP.
Moita sorte nos próximos sorteos e felices lecturas! Apertas de GusiBot!!


luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Bo día a tod@s! Hoxe conmemoramos un día moi importante, o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Aquí vos deixamos algunha das curtametraxes que verán nas aulas o alumnado do noso cole.
Xunto cunha lista de recomendacións lectoras como as seguintes:

  1. Estereotipos de xénero asociados ás profesións.
  2. Romper estereotipos de xénero nos colexios.
  3. Together We Play Strong - Fútbol femenino

  • Pepuka y el monstruo que se llevo su sonrrisa de Estela Moreno.
  • La mitad de Juan de Gemma Lienas e África Llanos.
  • Arturo y Clementina de de Adela Turín y Nella Bosnia.
  • La cenicienta que no quería comer perdices de Nunila López.
  • Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes: 100 historias de mujeres extraordinarias de Elena Favilli e Francesca Cavallo.
  • Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2 de Elena Favilli e Francesca Cavallo.
  • Elenita de Campbell Geeslin.
  • Las chicas son de ciencias: 25 científicas que cambiaron el mundo de Irene Cívico e Sergio Parra.
  • Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo de Irene Cívico e Sergio Parra.
  • Érase dos veces La Bella y la Bestia de Belén Gaudes e Pablo Macías.
  • La princesa rebelde de Anna Kemp y Sara Ogilvie.
  • Vida secreta de las mamás de Beatrice Masini e Alina Marais.
  • ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz.
Felices lecturas e apertas de GusiBot!!

mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe celebramos unha conmemoración moi importante, o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA!!
Durante o tempo de recreo, proxectaranse na biblioteca diferentes cortos nos que se fai fincapé nos dereitos da infancia.
Aquí vos deixamos o link dunha canción para que gocedes dela.
Saudiños de GusiBot!


martes, 19 de novembro de 2019

BIBLIOCINE no Conmeniño

Con motivo das vindeiras conmemoracións que celebraremos, dende a biblioteca do cole, proxectaremos diversas películas que se relacionan coas temáticas que resaltan cada unha delas. Moi pronto darémosvos máis información.

Saudiños de GusiBot!


luns, 11 de novembro de 2019

NOVIDADES!!!

Teño un pequeño segredo que contarvos!! Visitade a nosa biblio!! Xa están disponibles algunas das últimas novidades que temos disponibles para o novo curso... algunas delas son recomendacións vosas, así que seguro que vos encantarán!!
Apetas de GusiBot e felices lecturas!!