Con motivo desta data tan importante, no noso colexio fixemos diferentes actos.
Un deles foi a lectura de diferentes frases relacionadas coa paz por parte de todas as clases, ben creadas polos propios nenos e nenas ou de persoas relevantes como puideron ser (Mandela, Ghandi, ...). Cada unha das clases tamén plantou unha semente durante este acto.
Aquí vos queda algunha fotiño desa actividade.
Outra das actividades consistiu na proxección da película "Invictus" na nosa biblioteca. Tras a posta en liberdade de Nelson Mandela no ano 1990, este chega á presidencia do seu país e decreta a abolición do "apartheid". Con motivo da celebración da Copa do Mundo de Rugby no ano 1995 en Sudáfrica, Mandela emprega o deporte como ferramenta na busca dunha reconciliación entre a poboación de cor negra e branca. Co obxectivo de eliminar as diferenzas e prexuízos existentes.
Por último outra das actividades, foi o mural nunha das paredes do patio cuberto do cole. Zaira de 6º foi a nena que creou o debuxo orixinal e que entre todos os nen@s do cole trasladamos ao noso patio. Gustouvos o resultado? A min encantoume!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario