Bo día de novo!
Dende a biblioteca do cole queremos deixarvos algunhas recomendacións lectoras relacionados co DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ que se conmemora o día 30 de xaneiro.
Estas son algunhas delas:
- "¿Por qué?" - Nikoli Popov (a partir de 4 anos)
Este libro amósanos o absurdo das guerras. En moitas ocasións os conflitos comezan por algo pequeno e acaban sendo terribles e devastadores.
- "El cielo de Afganistán" - Ana A. de Edulate e Sonja Wimmer (a partir de 3 anos)
Unha nena afgana soña con que na súa terra reine a paz para sempre. Canto á paz, á tolerancia e á solidariedade.
- "El muro en mitad del libro" - Jon Agee (a partir de 4 anos)
O protagonista do libro está convencido de que o muro que hai na metade do libro o protexe dos perigos que hai na outra metade do libro, pero non se decata que no seu lado hai perigos reais. Sentido crítico, prexuízos e ampliación de horizontes son algunhas das temáticas que abarca.
- "Wangari y los árboles de la paz" - Jeanette Winter (a partir de 6 anos)
Na tradición africana unha árbore é un símbolo de paz. O libro cóntanos como Wangari se enfrontaba á deforestación que asolaba o seu país de forma pacífica a través da plantación de árbores.
- "Los niños no quieren la guerra" - Éric Battut (a partir de 6 anos)
Unha lectura para explicar o absurdo das guerras. Se os nen@s non queren a guerra, para que loitamos e pelexamos?.
- " Me llamo... Nelson Mandela" - Isabel Muntané e África Fanlo (a partir de 9 anos)
Libro que versa sobre a vida de Nelson Mandela, unha figura ligada á liberdade e á igualdade de dereitos dende o pacifismo. Un exemplo a seguir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario