martes, 8 de marzo de 2022

8M

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, e o alumnado estivo traballando sobre mulleres importantes da súa vida, pero tamén do país da súa aula, para coñecer un pouco máis a historia das culturas que estamos estudiando no noso PDI "Países do Mundo".

En Educación Infantil dentro do seu país MÉXICO, traballaron a Frida Kahlo.



En 1º de Primaria desde España, traballaron a Elena García Armada.



En 2º de Primaria desde Suíza, traballaron a Renate Brümmer, pero como vedes tamén investigaron sobre Greta Thunberg, Oprah Winfrey, Juana de Arco, Astrid Lindgren...



En 3º de Primaria desde Perú, traballaron a Laura Rodríguez Dulanto.



En 4º de Primaria desde Cuba, traballaron a Alicia Alonso.



En 5º de Primaria desde Italia, traballaron a María Montessori.



En 6º de Primaria desde Francia, traballaron a Marie Curie.



En Relixión desde Japón, traballaron a Katsuko Saruhashi.




Na Biblio tamén poderedes atopar un montón de biografías de mulleres importantes e libros con moitas historias sobre mulleres fortes e loitadoras das que poder aprender mil cousas. Deixámosvos un estante cunha pequena selección, pero se investigades pola biblio atoparedes máis libros sobre mulleres fascinantes da historia. 

















venres, 4 de marzo de 2022

LECTURA DIXITAL

Ola queridas lectoras e lectores!!

Como xa sabedes, hoxe démosvos os vosos identificadores e contrasinais para que poidades acceder á nova plataforma de lectura e préstamo dixital das Bibliotecas Escolares de Galicia.

Para acceder a ela só tedes que picar neste enlace (tanto dende un ordenador, como tablet e móbil) e meter os datos que vos facilitamos hoxe: http://bega-elbe2.edu.xunta.es/

Nesta plataforma poderedes ter acceso ao préstamo de máis de 3000 títulos dispoñibles para ler en pantalla en calquera momento e lugar. Así que xa sabedes, a bucear pola páxina e a atopar os libros para ler das temáticas que máis vos gusten!!

Apertas de Gusibot!!


 

xoves, 24 de febreiro de 2022

SOLUCIÓN 6º MONUMENTO

TATATACHÁN!!!

Moi ben adiviñado!! Gusibot visitou a Estatua da Liberdade, en Nova York!!



A nova viaxe a onde será???


 

mércores, 23 de febreiro de 2022

Vídeo presentación do cole

 


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro. O alumnado de cada clase escolleu un poema da autora e o recitou en vídeos. Con isto, fixemos un mural cos poemas e códigos QR para acceder ás gravacións de cada aula. Podedes vir a investigar cos IPADS da biblio a escoitar todos os preciosos poemas que fixeron!!



Tamén podedes acceder desde o Youtube do cole: Gusibot Conmeniño


venres, 18 de febreiro de 2022

MANDADIÑOS DO MECO

Bo día Conmeniños!!! 

Quentamos motores para o noso Entroido colocando o meco cos seus madadiños para as disfraces da semana que vén!!

O luns para comezar, algo enriba da cabeza terás que levar.

O martes cunhas lentes divertidas virás, para ter ganas de estudar.

O mércores se non queres facer o paripé, algo diferente en cada pé.

O xoves para rematar, cun pixama quentiño virás.

O venres xa sabedes, aos países do mundo representaredes.





xoves, 17 de febreiro de 2022

ENTROIDOS DO MUNDO

Ola queridas lectoras e lectores!!

Chega o entroido e dentro do noso proxecto sobre os Países do Mundo, preparamos un expositor na biblio con diferentes entroidos do mundo enteiro, para que poidades vir a investigar cos Ipads do cole. Cal é o entroido do país escollido na vosa aula? Que outros entroidos importantes hai no mundo e sobre todo en Galicia?

Xa nos contades que averiguades!!

Apertas de Gusibot



venres, 11 de febreiro de 2022

SOLUCIÓN 5º MONUMENTO

Con moita imaxinación pensáchedes que era Hogwarts, pero era a Alhambra de Granada!!!



Cal será a seguinte a viaxe de Gusibot??



venres, 28 de xaneiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Este fin de semana día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e no cole estivemos unhas semanas traballando nunha exposición moi interesante para celebrar este día tan importante.

Dentro do proxecto de Arts sobre Pablo Picasso, analizamos o cadro do Guernica e falamos sobre a devastación e a dor que provocan a violencia e as guerras, e profundizamos nos valores importantes que temos que ter como persoas para fomentar a paz no mundo. 

Despois, fixemos nas clases con diferentes técnicas artísticas 3 colaxes colaborativos do Guernica, pero a todo color, en oposición á oscuridade que provoca a violencia. E os nenos e nenas de Infantil adornaron tamén as paredes da nosa exposición cunhas bonitas pombas da paz.