Este fin de semana día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e no cole estivemos unhas semanas traballando nunha exposición moi interesante para celebrar este día tan importante.
Dentro do proxecto de Arts sobre Pablo Picasso, analizamos o cadro do Guernica e falamos sobre a devastación e a dor que provocan a violencia e as guerras, e profundizamos nos valores importantes que temos que ter como persoas para fomentar a paz no mundo.
Despois, fixemos nas clases con diferentes técnicas artísticas 3 colaxes colaborativos do Guernica, pero a todo color, en oposición á oscuridade que provoca a violencia. E os nenos e nenas de Infantil adornaron tamén as paredes da nosa exposición cunhas bonitas pombas da paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario