Ola ratiños!
Son Roi, un dos reporteiros larpeiros de 6º.
O martes 11 de Novembro, os nenos de 5º e 6º fomos de
excursión á granxa “O Kirico” en Fornelos de Montes. Cando chegamos, os
monitores estaban na porta esperando a nosa chegada. Un intre despois chegaron
os nenos do colexio de Noalla.
Déronnos unha charla sobre os alimentos que se tiñan que
comer case sempre e os que había que comer moi de vez en cando.
Despois da charla fixeron unha obra de teatro sobre dous
tomates: un que se criou nuha granxa e outro que se criou con productos
químicos. O da granxa parecía que non pero sabia moito mellor ca o que se
cultivou con produtos químicos.
Logo fomos ao invernadoiro a que nos falaran sobre as trampas
para insectos e ensináronnos como se facían. Deseguido fomos ver os pasos polos
que pasa o esterco para convertirse en compost.
A continuación fomos facer uns experimentos coa comida e
aprendemos que na auga un iman atrae os cereais pero fora da auga non. Foi
sorprendente! Isto é así porque os cereais conteñen ferro.
Deseguido fomos comer.
Logo tivemos tempo libre e fomos fóra para xogar, pero
comezou a chover e tivemos que ir para dentro. Para non aburrirnos comezamos a
bailar!
Cando acabou o tempo libre fixemos un gran xogo. Consistia
en ir buscando aos monitores por todo o recinto e se os encontrabas dicíanche
unha adiviña sobre os alimentos; se acertabas, podías coller a foto do alimento
que quixeras. E así tiñas que facer o mellor menú posible.
Cando acabamos fomos ver os animais que tiñan. Fomos ata un
sitio onde había cabalos, burros, vacas e coellos. Nunha mesa que había, podías
coller un anaco de pan e darllo os animais. A continuación fomos ver aos demais
animais. Vimos porcos vietnamitas e todos os galos e galiñas que tiñan, había
moitísimos, case de todas as razas e países. Tamén se podía ir á xaula da cabra
para darlle de comer pero antes fomos ver a un mapache e, para finalizar, os
patos.
Por ultimo, fomos outra vez cara á casa.
En definitiva, aprendemos moito e quixera volver outra vez!"
Aquí tendes algunhas fotos deste día tan xenial: (e para vet todas as fotos, premede AQUÍ)
Estivemos moi cerca dos animais
No invernadoiro aramos terra...
e plantamos hortalizas.
Divertímonos moito bailando
Ningún comentario:
Publicar un comentario