martes, 28 de marzo de 2023

Booktrailers

 Ola queridos lectores e lectoras, 

O día de onte fixemos un obradoiro de Biblioteca Creativa que recibe o nome de "Booktrailer". Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria foron os encargados de escoller os libros, de gravar e representar os seus trailers, así como de editalos e maquetalos.

Foi unha actividade moi divertida na que tiveron que tomar moitas decisións e traballar en equipo, xa que todos/as tiñan unha responsabilidade dentro do grupo.

A continuación podedes ver os vídeos e tamén as tomas falsas dun dos equipos:











Ningún comentario:

Publicar un comentario