A nosa biblioteca recibe unha visita moi especial! Grazas ao programa Bibliotecas Escolares de Galicia, contamos cunha Maleta Viaxeira do Camiño de Santiago, que permanecerá no noso centro ata as vacacións de Nadal.
No seu interior atopamos unha interesante selección de libros, xogos e outros materiais que nos permitirán descubrir curiosidades, investigar e coñecer mellor a historia, as tradicións e o patrimonio relacionados co Camiño de Santiago.
Esta maleta será un recurso estupendo para seguir afondando no noso PDI, «Conmeniño Peregrino», e continuar aprendendo sobre un dos grandes protagonistas do noso proxecto deste curso.
Todos estes materiais estarán dispoñibles na biblioteca para que o alumnado poida consultalos, explorar e aprender con eles.
Animámosvos a achegarvos á biblioteca, abrir esta maleta chea de descubrimentos e seguir coñecendo os segredos do Camiño!



Ningún comentario:
Publicar un comentario