xoves, 9 de marzo de 2023

8M- as mamás dos nenos e nenas do cole falan do seu traballo

 Esta semana foi unha semana especial, chea de novas experiencias e para algún e algunha chea de orgullo por ter no cole a súa mamá.

Tivemos a sorte de contar con varias mamás que nos viñeron a contar a que se dedican e como é o seu día a día no traballo. Contáronnos tamén que non hai traballos de homes nin de mulleres e que debemos loitar pola liberdade das mulleres, apostando sempre por reforzar as súas capacidades e protagonismo, para que poidan alcanzar e participar, en términos de igualdade, no acceso aos recursos, recoñecemento e toma de decisións, en todos os ámbitos da vida.

Agora, vou a ensinarvos un anaquiño do que elas compartiron con nós. Comezando por Educación Infantil:

- Tamara (mamá de Xulia) traballa no mercado e todos e todas quixeron tocar aquilo que nos trouxo.




- Silvia (mamá de Gabriel) é cociñeira e seguro que todos e todas falaron da súa comida favorita.


- Laura (mamá de Valentina) é perruqueira e tamén tiña moitas cousas que contarnos.


Continuando con Educación Primaria, a mamá de Jaime (no primeiro vídeo) e a mamá de Greta e Norah (segundo vídeo) son bateeiras e aquí nos ensinan o seu día a día no mar.



Espero que vos gustara porque desde logo para nós, foi un verdadeiro orgullo que nos acompañarades neste día tan importante para todas.

Grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario