xoves, 2 de marzo de 2023

11F. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Queridas lectoras e lectores:

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as nenas e os nenos de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de asistir a unha Ruta ornitolóxica que se desenvolveu na Praia do Fornos, na Illa da Toxa. 

Grazas a Encarna, ornitóloga, por compartir con nós todos os seus coñecementos, pola súa amabilidade e por contaxiarnos o seu entusiasmo e actitude respectuosa coas aves e o medio ambiente.


Alí puideron observar as diferentes aves que habitan a nosa costa a través de prismáticos e telescopios, ao tempo que anotaban nun caderno de campo todas as especies que foron quen de avistar, aproveitando ademais para fotografar todos os marabillosos momentos que nos brindou esta experiencia.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario