Hoxe, polo Samaín, o alumnado de 5º de Educación Primaria actuou para todo o cole representando o conto "Corre, corre, cabaciña" cun teatro musicalizado.
Pasámolo xenial!!! Gracias chicas e chicos!!
Hoxe, polo Samaín, o alumnado de 5º de Educación Primaria actuou para todo o cole representando o conto "Corre, corre, cabaciña" cun teatro musicalizado.
Pasámolo xenial!!! Gracias chicas e chicos!!
Bo día lectoras e lectores!
Como xa sabedes, seguimos coas gardas de Biblio nos recreos... e para que todas e todos poidades participar, cada semana vades poder ser os responsables e encargados/as do día, asumindo diferentes tarefas, como por exemplo:
- Secretario/a: rexistra os libros e anota o día que os teñen que devolver
- Axudante: axuda á mestra de garda a calquera tarefa que sexa necesaria
- Mantemento: coloca os libros no estante correspondente
- Asesor/a: recomenda aos seus compañeiros e compañeiras que libro escoller
- Controlador/a: vixía e supervisa que todo quede limpo e colocado no seu sitio
Bicos de Gusibot!
Bo día queridos lectores e lectoras!
Como todos os anos, hoxe arrancan as mochilas viaxeiras para as vosas casas, para que poidades desfrutar das lecturas coas vosas familias. Recordade que é moi importante que coidedes ben os libros e de devolvelo todo ao colexio sen esquecerse de nada, para que o resto dos nenos e nenas poidan tamén desfrutar delas. Pregamos que revisedes ben o seu contido antes de traela. Como novidade, dentro da mochila hai libros relacionados co PDI do cole, é dicir, libros relacionados coa ONG que escolléchedes en cada aula.
Seguiremos levando a mochila 12 días, é dicir, de luns ao seguinte venres, para que así non se retrasen por se alguén se esquece.
Esperamos que vos gusten os seus contidos, e moitas grazas pola vosa colaboración e axuda.
Apertas de GusiBot!
Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para o verán desde a BiblioConmeniño!!
Desfrutade moito do verán queridas lectoras e lectores!!
Apertas de Gusibot
Ola queridas lectoras e lectores!!
Hoxe celebramos no colexio que mañán é o día das Letras Galegas: Aprendemos un montón de cousas sobre o autor ao que se lle dedica este ano, que é Florencio Delgado Gurriarán, e despois recibimos unha visita especial... O artista Tarabelos veu a visitarnos co seu espectáculo en galego de títeres e contacontos coa historia de "Sabela e o paxaro máxico", pasámolo xenial!!
Bicos de Gusibot
Era complicado pero acertáchedes bastantes, Gusibot viaxou á Acrópolis de Atenas, en Grecia!!
Moi ben rapazas e rapaces! Eran os Moáis da Illa de Pascua, en Chile. Era difícil pero acertáchedes moitos!!