venres, 30 de outubro de 2020
CONCURSO SAMAÍN
Hoxe, na celebración do Samaín, Gusibot pasou polas aulas a repartir os premios do concurso de terror.
Queredes ver os traballos dos gañadores/as? Aquí vos van!! Tede coidado, pois dan moito MEDO 👻😈
martes, 27 de outubro de 2020
Día das Bibliotecas Escolares
O pasado 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas escolares, polo que, ao longo desa semana, aproveitamos para ir pasando curso por curso, con distancia e desinfección previa, pola nosa Biblio.
Así, repasamos cómo se buscaban libros na nosa Biblioteca, e tamén presentamos o PDI deste curso 2020-2012, o cal será unha continuación do ano pasado: "Conciénciate co Medio", pero con distintas subtemáticas:
- INFANTIL: O desxeo dos polos
- 1º PRIMARIA: As abellas
- 2º PRIMARIA: Animais e especies en perigo de extinción
- 3º PRIMARIA: A alimentación
- 4º PRIMARIA: A agricultura ecolóxica e a vida marina
- 5º PRIMARIA: Quecemento global e fenómenos meteorolóxicos
- 6º PRIMARIA: Os incendios forestais
Con todo, aproveitamos para levar para as bibliotecas de aula algún libro relacionado coa nosa subtemática:
luns, 19 de outubro de 2020
Mochilas viaxeiras
Bo día queridos lectores e lectoras!
Hoxe arrancan coma todos os anos, as mochilas viaxeiras para as vosas casas, e que así poidades desfrutar coas vosas familias das lecturas que van nela. Recordade que é moi importante que coidedes ben o que vai dentro e máis de devolvelo todo ao colexio sen esquecerse de nada para que o resto dos nenos e nenas poidan tamén desfrutar delas. Polo que vos pregamos, que revisedes ben o seu contido antes de devolvela ao cole.
Este ano, en vez de levar a mochila 15 días de luns a luns, farémolo de luns ao seguinte venres, é dicir, 12 días, para que así, a mochila poida gardar corentena durante ese fin de semana antes de pasar ao seguinte neno ou nena, polo que é moi importante que sexades moi puntuais con este tema.
Esperamos que vos gusten os seus contidos, e moitas grazas pola vosa colaboración e axuda.
Apertas de GusiBot!
venres, 16 de outubro de 2020
🎃🎃 SAMAÍN 🎃🎃
Achégase o Samaín e GusiBot preprarou unha estantería chea de recomendacións de libros relacionados coa temática, atrevédesvos a entrar neste mundo de medo e emocións?👻💀🎃
luns, 5 de outubro de 2020
ABRIMOS DE NOVO AS PORTAS! Curso 2020-2021
Ola a todas e a todos!!
Xa estamos de volta!! A Biblio Conmeniño abre de novo as súas portas nos recreos para todos os amantes da lectura, pero este curso, farémolo con algunhas novidades para cumprir con todas as medidas de seguridade do COVID-19.
Anímaste a visitarnos? Antes de entrar, le o cartel coas novas normas e despois... A LER!!
Apertas de GusiBot!!
mércores, 20 de maio de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS EN GALEGO
Hoxe deixámosvos unha lista con diferentes recomendacións lectoras en galego, para que gocedes coas vosas lecturas. Agardamos que poidades encontrar títulos do voso interese:
Este divertido conto, achéganos á historia de Román Casas que quería ser un auténtico chef, polo que lle pediu aos seus pais un curso de cociña polo seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un agasallo moi singular, un cadaleiro acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar á cociñeira defunta, Escarlatina.
- Milú de Manuel Rivas da Editorial Kalandraka.
De boca en boca van por toda a vila os dimes e diretes sobre unhas estranas criaturas chegadas nunha caixiña. Un xogo de palabras rimado que sementa a confusión... e a risa!
- Fume de Antón Fortes da Editorial OQO Literatira.
- O achado do Castro de Manuel Núñez Singala da Editorial Galaxia.
- O prodixio dos zapatos de cristal de Xose A. Neira Cruz da Editorial Galaxia.
- A cabeza de Medusa de Marilar Aleixander da Editorial Xerais.
- Feliz idade de Olga Novo da Editorial Kalandraka.
- Brinca Vai! de Paco Nogueiras da Editorial Kalandraka.
martes, 19 de maio de 2020
EDLG - LETRAS GALEGAS 2020 - As pitas baixo a choiva
A proposta traballa co conto As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho Calero, acompañándoo das vosas ilustracións.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades gozar co resultado.
EDLG - Letras Galegas 2020 - CEIP Plurilíngüe Conmeniño

luns, 18 de maio de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
xoves, 30 de abril de 2020
AS VOSAS FOTOS DO DÍA DO LIBRO
Que tal estades? Espero que moi ben!!
Hoxe remataba o prazo de entrega e aquí vos deixamos as vosas fotos cos vosos marcapáxinas e tweets conmemorando o Día do Libro.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS NEN@S QUE PARTICIPÁSTEDES E ÁS VOSAS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
Que pasedes unha boa ponte.
Unha aperta de GusiBot!






























