Bo día nen@s!! Como estades?
Como sabedes, onte, 17 de maio do 2020, foi a conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Ricardo Carvalho Calero que foi historiador da literatura galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor e que naceu en Ferrol no ano 1910 e faleceu en Santiago de Compostela no ano 1990.
Coa situación actual na que nos encontramos, a Real Academia Galega decidiu aprazar os actos conmemorativos ao día 31 de outubro do 2020.
Pese a iso, deixámosvos algunha alternativa virtual que nos acerca á figura deste autor.
Neste enlace podedes acceder ao seu conto As pitas baixo a choiva. Nesta páxina tedes o pdf do conto para ler cos máis pequen@s da casa. Ademais hai outros materiais como música inspirada no conto e unha unidade didáctica relacionada co libro.
Esta páxina web está dedicada especialmente aos nen@s de Educación Infantil e Primaria para a celebración das Letras Galegas, unha proposta da Real Academia Galega.
Nela podedes acceder a materiais como vídeos e audios, achegarnos en maior profundidade á obra do autor, descargables, materiais interactivos relacionados coas súa obras, ...
Agardamos que estes materiais vos sexan de utilidade. Ao longo desta semana, iremos subindo outras propostas relacionadas coas Letras Galegas.
Un saudiño de GusiBot e felices lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario