luns, 10 de febreiro de 2025

Degustación de froita de tempada- mandarina

 ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL- Presentámosvos unha nova actividade:

Trátase dunha actividade saudable e creativa: probar diferentes alimentos que inclúan distintos tipos de froita de tempada. Neste mes de febreiro (O día 17) comezamos pola mandarina! Durante esta dinámica, teremos a oportunidade de explorar non só a mandarina en forma natural, senón tamén en receitas como biscoitos, zume, brochetas de froitas, etc.

O obxectivo é promover hábitos saudables e dar a coñecer a versatilidade da mandarina, así como os beneficios que as froitas de tempada nos ofrecen para manternos saudables e cheos de enerxía.

Agradecemos profundamente a vosa colaboración para que os pequenos e pequenas poidan experimentar e gozar de sabores variados e nutritivos, favorecendo un estilo de vida activo e equilibrado. 

Grazas por apoiar esta iniciativa e formar parte deste plan tan positivo!


Aquí tedes un pequeno resumo: 





venres, 7 de febreiro de 2025

Visita de Lara Naveiro e Andrea Menéndez

A tradición feita música! 🌿🎶

O pasado venres tivemos unha visita moi especial no noso cole! Lara Naveiro e Andrea Menéndez viñeron a falarnos da música tradicional galega, compartindo connosco a súa paixón e coñecemento. 🎻

Desde pequenas compartiron clases de música, e hoxe en día dedícanse a ela profesionalmente, facendo da música tradicional o seu modo de vida. Ensinan en moitos lugares da provincia e tamén teñen alumnado doutros países, como Costa Rica, Arxentina ou o Reino Unido, a través de internet. Ademais, xuntas forman Carracuca, unha marca de galeguismo ilustrado que promove e reivindica a nosa cultura.

A xornada estivo chea de música e emocións! 🎶 Primeiro, cantamos todxs xuntxs, logo foi a quenda das nenas de 5º, que fixeron unha fermosa actuación, e para pechar o encontro, Lara e Andrea deleitáronnos cunha interpretación final que nos fixo sentir o poder da nosa música tradicional.

Grazas, Lara e Andrea, por ensinarnos que a música tradicional é unha parte viva da nosa identidade! 🎵 Coidar, transmitir e gozar da nosa cultura é a mellor forma de mantela viva.
 






martes, 4 de febreiro de 2025

Visita de Retha de Kock

Descubrindo a arquitectura e o cinema! 🏛️

Hoxe tivemos o pracer de recibir a Retha De Kock , nai de dous alumnos do noso cole, para falarnos sobre arquitectura e arte . 🏗️🎨 A súa historia é apaixonante e inspiradora!

Nada en Sudáfrica , Retha descubriu desde moi nova a súa paixón pola arte. En India, deu os seus primeiros pasos na industria cinematográfica, e ao volver ao seu país, traballou como freelance na construción de maquetas e accesorios , o que lle abriu portas a novas oportunidades en deseño, escultura e pintura.

O destino levouna ata Colombia, onde coñeceu a Carlos, e xuntos fundaron unha empresa que organiza o Camiño de Santiago en kaiak . 🚣‍♀️✨ Ademais, ambos seguen traballando na industria do cinema, fusionando arte, arquitectura e creación.

Foi unha visita chea de aprendizaxes e inspiración! Grazas, Retha, por compartir connosco a túa historia e ensinarnos que a arte poda leva rnos por camiños inesperados. 🌍


 


 

 


#ArteNaEscola #RethaDeKock #Arquitectura #IndustriaCinematográfica #OGrove #ProxectoDeArte #PequenosArtistas

Día da Candeloria

 O alumnado de 1º de Educación Primaria festexa o Día da Candeloria. Queredes coñecer un pouquiño máis sobre este día?




DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 Ola familias, por aquí vos deixamos un pequeno resumo da celebración da Conmemoración do Día da Non Violencia e a Paz:

Primeiramente, decidimos facer unha Marcha Solidaria Pola Paz: por traer un alimento non perecedoiro, levaban un libro de expurgo da biblioteca de agasallo.

 


 

Aquí está un pequeno resumo da nosa Marcha, acompañadas/os polas familias e o equipo de emerxencias do Grove:
 




Inspirado no muro de Berlín, tamén fixemos un mural colaborativo e creativo, en relación ao noso PDI: 

 


E finalmemte, "interlanguage" coa área de Inglés, unha actividade organizada pola auxiliar de conversa Chiara:


Esperamos que vos guste e moitas gracias, un ano máis, pola vosa colaboración e implicación! 

venres, 31 de xaneiro de 2025

CLUB DE CIENCIAS 24-25

 Ola familias, alumnas e alumnos,  O CLUB DE CIENCIAS ESTÁ DE VOLTA UN ANO MÁIS! 

Contámosvos e ensinámosvos toda a información a continuación:

1º Trimestre: durante o primeiro trimestre, no noso Club de Ciencias iniciamos a aventura coa acollida e presentación do club, creando un espazo onde a curiosidade e a aprendizaxe son os protagonistas. A continuación, exploramos a relación entre a música e a ciencia, así como o arte circense, descubrindo como o son, o movemento e o equilibrio están cheos de explicacións científicas que fascinaron aos nosos pequenos científicos.







2º Trimestre: durante o segundo trimestre, o noso Club de Ciencias encheuse de creatividade, aprendizaxe e diversión con experimentos que conectaron a ciencia coa arte e a tecnoloxía. Os nosos pequenos científicos exploraron catro fascinantes áreas: a pintura, a arquitectura, a fotografía e o cine, descubrindo como a ciencia está presente en cada unha delas.






3º Trimestre: neste último trimestre do curso, o noso Club de Ciencias continuou a súa emocionante aventura combinando creatividade, coñecemento e experimentación. Os nosos pequenos e pequenas científicos/as mergulláronse en novas disciplinas, descubrindo a conexión entre a ciencia e diferentes expresións artísticas. Comezamos explorando os segredos da fotografía e a maxia do cine, seguimos coa inxeniosa arte da arquitectura e achegámonos ao mundo tridimensional da escultura. Para rematar, fixemos unha viaxe polo arte en todas as súas formas, recoñecendo como a ciencia pode ser unha ferramenta para crear, interpretar e comprender o mundo que nos rodea. Foi un trimestre cheo de descubrimentos e inspiración!












martes, 28 de xaneiro de 2025

Visita de Noelia Sobrino

 🎨🌟 ¡Descubrindo o talento local! 🌟🎨

Onte tivemos o pracer de recibir a Noelia Sobrino, nai dun dos nosos alumnos, que se dedica á pintura como afección. 🖌️✨ Para Noelia, os cadros son moito máis que imaxes: son sentimentos plasmados con pinceladas cheas de cor.

Amante do realismo, Noelia atopa inspiración nos retos máis complicados e nas marabillas da costa, especialmente na súa querida vila de O Grove . 🌊💙 Foi un privilexio escoitar como comparte a súa paixón pola arte e o que significa para ela pintar.

Ademais, o noso alumnado tivo a oportunidad de facerlle un cadro, demostrando o seu propio talento artístico. 🖼️💝 O momento máis emotivo chegou ao final, cando todos xuntos cantamos unha canción “Color esperanza”, enchendo o ambiente de alegría e inspiración. 🎶✨

Grazas, Noelia, por compartir connosco o teu tempo, paixón e una lección tan fermosa: facede o que vos gusta . 💕🎨


 

 

 

 


Visita de Carlos Álvarez Besada

 O pasado venres tivemos a honra de recibir no noso centro a Carlos Álvarez Besada, un recoñecido artista pintor do Grove. 🌊🖌️ Foi unha experiencia increíble para os nenos e meniñas, que puideron aprender de preto sobre o proceso creativo e as historias que hai detrás das súas obras.


Esta visita enmárcase dentro do noso proxecto anual dedicado ao arte, onde buscamos botar unha ollada aos máis pequenos/as do mundo artístico, fomentando a súa creatividade e sensibilidade.

Grazas, Carlos, por compartir o teu talento e paixón con nós! 💕 Estamos seguros de que inspira a máis dun futuro/a artista. 🎨👩‍🎨👨‍🎨


 

 

Visita de artistas locais- Ollarte

 Aquí tedes as datas coas visitas dos nosos artistas locais 🎨🖌️🖼️🎬📽️

Apetécevos coñecer un pouquiño máis sobre eles/as? Non perdas as nosas novas 🆕💥💡


venres, 10 de xaneiro de 2025

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 Tivemos a honra de contar con Baia Fernández na nosa escola de nais e pais, quen nos brindou unha charla inesquecible sobre como axudar aos nosos fillos e fillas a xestionar as súas emocións. 💖


Foi un encontro cheo de aprendizaxes, reflexións e ferramentas para comprender mellor o mundo emocional das pequeñas e pequeños. 🌈 Grazas por axudarnos a descubrir que cada emoción conta e que educar desde o respecto e a empatía fai unha gran diferenza.

A túa dedicación e as túas palabras quedarán connosco, facendo que este camiño de ser nais e pais sexa un pouco máis consciente e amoroso. 🫶

💬 Ás familias: Lembrade que entender as emocións dos nosos fillos tamén comeza por coidar as nosas propias. ¡Xuntas e xuntos podemos crear un ambiente cheo de respecto e amor!










mércores, 8 de xaneiro de 2025

Lectores de mes decembro

 Ola de novo familias, por aquí vos deixo unhas fotiños dos lectores de mes de decembro: