venres, 3 de febreiro de 2023

Marcha pola non violencia e a paz

Queridos lectores/as:

O luns 30 de xaneiro realizamos unha marcha pola non violencia e a paz, loitando contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar, atendendo aos obxectivos que marca a axenda 2030. Ademais, a esta andaina acompañáronnos as nosas familias, apadriñando así a varios sedentarios 😊

Previamente tivemos un obradoiro de estampación de camisetas, como podedes ver na publicación anterior.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!





 

Estampación de camisetas

Queridas lectoras e lectores:
Para preparar a nosa marcha pola non violencia e a paz contamos coa axuda de Andrea, a mamá de dous nenos do cole. Como podedes ver no vídeo, ela explicounos o proceso de elaboración e axudounos a cada un dos nenos e nenas do cole a decorar a nosa camiseta. 
Previamente xa fixeramos un pequeno obradoiro para decoralas pola parte traseira con motivos relacionados coa paz.

Espero que vos guste.
Gusibot.




 

xoves, 26 de xaneiro de 2023

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos recitan un poema pola Paz

Ola lectoras e lectores, aquí vos deixo un vídeo das nenas e nenos de 3 e 4 anos recitando un poema de Gloria Fuertes conmemorando o día da paz.
Déixovos tamén un código QR que podedes escanear para velo!


https://youtu.be/CiRcnnfFgPo 


Así chegou o QR ás casas dos máis pequenos, nunha pombiña voadora.







Espero que vos guste tanto como a min!
Gusibot.
 

sábado, 21 de xaneiro de 2023

PIALE

Bo día queridas lectoras e lectores!

Como sabedes, a profe Belén de música e infantil, foi seleccionada para o programa da Xunta PIALE, no que foi a traballar a un colexio a Ottawa (Canadá) para aprender sobre o seu sistema educativo e novas metodoloxías para poñer en práctica no noso cole. 

No seguinte vídeo, nos conta un resume da súa experiencia, no que se pode ver o seu cole, cultura canadiense e lugares que visitou no seu tempo libre. 




mércores, 18 de xaneiro de 2023

Recomendacións lectoras de Nadal

Durante o mes de decembro tivemos exposto na entrada do cole as nosas últimas novidades de 2022. O alumnado podía ver os libros e facer o empréstito na Biblio.

Os exemplares foron adquiridos mediante Biblioteca Inclusiva e foron todo un éxito. Se aínda non os viches, podes ir á Biblioteca a buscalos, estou seguro que che gustarán :)

Gusibot.



Os Reis Magos visitan o CEIP de Conmeniño

Ola de novo lectoras e lectores. 

Ademais do festival de Nadal, tamén contamos coa visita dos Reis Magos. A continuación, tivemos unha festa con música e moito moito baile!

Pasámolo en grande e ata eu, que normalmente non saio da Biblio, fun bailar á pista! Que ben o pasei!
Grazas nenas e nenos!
Gusibot.


https://youtu.be/bq17KvCt57U

 

Festival de Nadal

Ola meus lectores/as:

O día 22 de decembro, último día de cole do ano, celebramos o festival de Nadal. Este ano, o alumnado de 6º de Educación Primaria, xunto coa súa titora Cristina, foron os encargados/as de dirixir as actuacións.

En primeiro lugar, algunhas alumnas de 5º de Educación Primaria, representaron o conto do Apalpador e o arco da vella. A continuación, o alumnado de 6º, cantaron e tocaron dúas cancións, compuxeron poemas, contaron chistes e deron as 12 badaladas cos doce mellores desexos.

Mirade que ben o pasamos todos e todas!




https://youtu.be/fDTHrwihmRo

A carteira ven recoller as nosas postais de Nadal

Queridas lectoras/es

A principios de decembro celebrouse un sorteo no que se decidía a que compañeiro ou compañeira lle debiamos escribir unha postal de Nadal.

Para que esta puidera ser entregada ao seu destinatario/a houbo que enviala por correo... 

Pois ben, así foi como os máis pequenos/as do cole botaron as súas postais no saco da carteira que veu recollelas.


https://youtu.be/WrbgzNTCaoQ


martes, 17 de xaneiro de 2023

Taller de lettering

 Ola lectoras e lectores!

O pasado mes de decembro, dúas nenas de 5º (Andrea e Candela) e dúas de 6º (Carmen e María), impartiron ao resto de cursos de Educación Primaria un taller de Lettering. 

En primeiro lugar, explicaron de que se trataba, ensináronlle a forma na que hai que agarrar os rotuladores e por último, axudáronlles a realizar o trazado para que puidesen escribir unhas pequenas letras aos seus seres máis queridos.

Foi unha xornada de convivencia de moito proveito na que aprendemos todas e todos xuntas/os.

Espero que vos guste esta pequena mostra do noso día.

Bicos de Gusibot


https://youtu.be/wIWzjpYSfl0

domingo, 15 de xaneiro de 2023

Lector e lectora do mes de Decembro

  Os premios ao noso lector e lectora do mes de decembro foron para...







Parabéns Sara e Nico, Gusibot espera que vos gustara este pequeno detalle!

martes, 20 de decembro de 2022

Sorteo das postais de Nadal

 Ola lectoras e lectores,

Como o ano pasado, fixemos o sorteo para enviar por correo a postal de Nadal a un compañeiro ou compañeira do cole. Que emoción! Quen será o afurtunado/a?





O quilo solidario

Queridas lectoras e lectores, 

Como xa sabedes, o noso PDI do cole é Conmeniño Solidario. O día de hoxe, acudiron ao centro dous voluntarios da asociación Cáritas do Grove. Coa súa amabilidade e bondade responderon a todas as nosas preguntas e levaron o aportado polo alumnado e as súas familias. 

                                           




Esperamos que vos gustara, unha aperta moi forte.