martes, 20 de decembro de 2022

Contacontos de títeres: O apalpador e o arco da vella

 Ola de novo lectoras e lectores, 

O día de hoxe tivemos unha actividade moi especial, porque as nenas de 5º representaron para os máis cativos do cole o conto do Apalpador e o arco da vella.








3 de decembro- Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 Ola lectoras e lectores!

O 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Acompañounos a asociación Anduriña do Grove e tivemos unha sesión de xogos e experiencias moi divertidas.

Aquí vos deixo unha recompilación de imaxes do noso día.

Unha aperta de Gusibot.









luns, 12 de decembro de 2022

Propostas para ler no Nadal

A continuación, presentámosvos as novidades de este  trimestre para que poidades ler nas vacacións de Nadal. 

Como acceder? Entra no enlace que está debaixo da foto. Unha vez que o teñas aberto nunha pestana nova, colócate enriba dos circuliños azuis. Se todo vai ben aparecerache unha imaxe do libro!

É moi fácil, agora só falta que veñas á Biblioteca a buscar o teu exemplar para levalo a casa e ler nas vacacións.

Un bico de Gusibot.



https://view.genial.ly/638ba510fcaa150018022b2a/interactive-content-nadal-2022

venres, 9 de decembro de 2022

Lectoras do mes de novembro

 Os premios as nosas lectoras do mes de novembro foron para...








Parabéns Daniela e Greta, Gusibot espera que vos gustara ese pequeno detalle!




martes, 6 de decembro de 2022

Formación de voluntarios/as de Biblio

 Ola lector@s! 

Como xa sabedes, este ano estamos levando a cabo uns pequenos cambios na nosa Biblio e para que todas e todos nos puidésemos enterar...  foi necesario recibir unha formación no que aqueles/as voluntarios/as puidesen estar ao tanto e ser expertos/as nos recreos da Biblioteca. 

Aquí vos deixo a formación e algúns dos cambios máis significativos da nosa BE.





Ademais, queda o "planing" do que queda de trimestre coas quendas de voluntarios/as.










Conmemoramos o 25 de novembro

 Ola de novo lectoras e lectores!

A continuación expoñerase o traballo que levaron a cabo as diferentes aulas o día 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Desde a Biblioteca realizouse un dominó de mulleres con éxito deportivo


O alumnado de 3 e 4 anos traballou a partir do conto infantil "Arturo e Clementina" e realizou unha actividade tan divertida como a que podedes ver no vídeo.




O alumnado de 1º curso realizou a actividade "O vexas como o vexas, non mires para outro lado":







O alumnado de 2º curso tamén decidiu traballar a través do conto "Arturo e Clemetina"


O alumnado de 3º e 4º xuntouse para vivenciar o "peso dunha mochila de pedras"












O alumnado de 5º traballou a partir dun clásico adaptado chamado "Caperucita dice no" e o perigo nas redes sociais.



E o alumnado de 6º, tamén realizou unha actividade en relación coa importancia das mulleres deportistas a nivel internacional.




Espero que vos gustara pequenos lector@s, vémonos no cole!
Gusi-bot




25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 Ola lectoras e lectores!

Para traballar o 25N puxemos á disposición do alumnado unha selección de exemplares relacionados co tema a tratar.


As alumnas e alumnos de 6º curso realizaron todos os carteis, xa que eran os encargados de traballar dita conmemoración, en relación ao proxecto do centro "Conmeniño Solidario"


Ademais tamén se realizaron torneos de fútbol feminino nos patios, poñendo en valor ás futbolistas do noso país


Tiveron gran repercusión entre todo o alumnado








E tamén se colocaron carteis nos cuartos de baño




O resto do alumnado tamén traballou o día 25 de novembro, pero se queres velo fai clic na seguinte entrada do blog!

Gusibot.





Novembro, mes da ciencia en galego nas Bibliotecas

En novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, co deber de coñecer e transmitir ciencia na nosa lingua. Por iso, púxose á disposición do alumnado diferentes exemplares en galego para investigar, ser curiosos, experimentar... 

En relación cos experimentos, tamén se proporcionaron diferentes deles para levar a cabo o método científico, como podedes ver no vídeo, no que se mostra como o alumnado dos distintos niveis realizou experimentos como: "A presión da forza da auga"; "A nosa impresión"; "Quen apaga a vela?"; "A auga e o aceite non se mesturan"; "A estimación"; "A pementa que fuxe" para traballar a tensión superficial da auga; "Ciencia ou maxia?" para ver a refracción da luz na auga ou "Como elaborar iogur natural: bacterias en acción" entre moitos outros que se expuxeron para facer nos patios ou para levar a casa.


                                                            https://youtu.be/RkcgEu_MkFA 

Bicos de Gusibot lectoras e lectores.


venres, 2 de decembro de 2022

20 de Novembro- Día Mundial da Infancia


Ola lectoras e lectores! O día 20 de Novembro celebramos o Día Mundial da Infancia. Reflexionamos sobre os dereitos que teñen os nenos e as nenas e recordamos a importancia que ten protexelos.




Un biquiño de Gusibot.