martes, 6 de decembro de 2022

Novembro, mes da ciencia en galego nas Bibliotecas

En novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, co deber de coñecer e transmitir ciencia na nosa lingua. Por iso, púxose á disposición do alumnado diferentes exemplares en galego para investigar, ser curiosos, experimentar... 

En relación cos experimentos, tamén se proporcionaron diferentes deles para levar a cabo o método científico, como podedes ver no vídeo, no que se mostra como o alumnado dos distintos niveis realizou experimentos como: "A presión da forza da auga"; "A nosa impresión"; "Quen apaga a vela?"; "A auga e o aceite non se mesturan"; "A estimación"; "A pementa que fuxe" para traballar a tensión superficial da auga; "Ciencia ou maxia?" para ver a refracción da luz na auga ou "Como elaborar iogur natural: bacterias en acción" entre moitos outros que se expuxeron para facer nos patios ou para levar a casa.


                                                            https://youtu.be/RkcgEu_MkFA 

Bicos de Gusibot lectoras e lectores.


venres, 2 de decembro de 2022

20 de Novembro- Día Mundial da Infancia


Ola lectoras e lectores! O día 20 de Novembro celebramos o Día Mundial da Infancia. Reflexionamos sobre os dereitos que teñen os nenos e as nenas e recordamos a importancia que ten protexelos.




Un biquiño de Gusibot. 

luns, 21 de novembro de 2022

Samaín- Búsqueda do tesouro

Ola lectoras e lectores!

O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou unha búsqueda do tesouro na Biblioteca con temática de Samaín. O obxectivo era ir atopando as diferentes pegatinas ao mesmo tempo que coñecían o lugar onde se colocan os libros.

Aquí vos deixo o vídeo para que vexades o ben que o pasaron!

Bicos de Gusibot.

 


https://youtu.be/EGyjOyZ61hY

venres, 18 de novembro de 2022

Lectora do mes de outubro

 

O premio a nosa lectora do mes de outubro foi...



Parabéns Sabela, Gusibot espera que che gustara ese pequeno detalle!

mércores, 16 de novembro de 2022

Caixa do súper lector/a do mes

Este ano "Gusibot" trouxo consigo a caixa da lectora ou lector do mes, queredes saber como funciona? Cada vez que o alumnado colle un libro na Biblioteca, mete un papeliño co seu nome e curso dentro da caixa. Así, ao final de cada mes, farase un reconto da nena ou do neno que máis libros leu e daráselle un agasallo por ser un súper lector/a!

luns, 14 de novembro de 2022

Leme profe- "Contos na lareira"

  Ola queridas lectoras e lectores!

O pasado xoves 27 de outubro, o equipo de Biblioteca, xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha xornada de Leme profe chamada "Contos na lareira", en relación coa temática do Samaín 2022. Algunhas das mestras do cole leron diferentes contos, tanto en galego ou castelán coma en inglés aos diferentes alumnos e alumnas. 

Deste xeito, pasamos unha mañá bonita e diferente, rodeados de disfraces, lecturas e medo, moito medo... !!!

Aquí vos queda o vídeo recopilatorio dalgún dos momentos vividos durante a mañá.

Bicos de Gusibot.






https://youtu.be/lYR4LSAbt4w


24 de outubro- Día das Bibliotecas escolares

Bo día queridas lectoras e lectores!

O pasado luns 24 de outubro celebrouse o día das Bibliotecas Escolares de Galicia. Para iso, durante as semanas previas as nenas e os nenos do CEIP de Conmeniño estiveron traballando na presentación do Proxecto que levaremos a cabo durante este curso 2022-23 en todo o centro.

Recibe o nome de "Conmeniño Solidario", no cal como o seu propio nome indica, colaboraremos con diferentes ONG da contorna!

No seguinte vídeo pódese ver o bonitas que quedaron as nosas portas!

Apertas de Gusibot.

https://youtu.be/heG-lGWLJEQhttps://youtu.be/heG-lGWLJEQ 



xoves, 27 de outubro de 2022

CORRE, CORRE, CABACIÑA!! 🎃🎃🎃🎃

Hoxe, polo Samaín, o alumnado de 5º de Educación Primaria actuou para todo o cole representando o conto "Corre, corre, cabaciña" cun teatro musicalizado.

Pasámolo xenial!!! Gracias chicas e chicos!!





xoves, 20 de outubro de 2022

CARNÉS DE ENCARGADO/A

 Bo día lectoras e lectores!

Como xa sabedes, seguimos coas gardas de Biblio nos recreos... e para que todas e todos poidades participar, cada semana vades poder ser os responsables e encargados/as do día, asumindo diferentes tarefas, como por exemplo:

- Secretario/a: rexistra os libros e anota o día que os teñen que devolver

- Axudante: axuda á mestra de garda a calquera tarefa que sexa necesaria

- Mantemento: coloca os libros no estante correspondente

- Asesor/a: recomenda aos seus compañeiros e compañeiras que libro escoller

- Controlador/a: vixía e supervisa que todo quede limpo e colocado no seu sitio


Bicos de Gusibot!




MOCHILAS VIAXEIRAS

 Bo día queridos lectores e lectoras!

Como todos os anos, hoxe arrancan as mochilas viaxeiras para as vosas casas, para que poidades desfrutar  das lecturas coas vosas familias. Recordade que é moi importante que coidedes ben os libros e de devolvelo todo ao colexio sen esquecerse de nada, para que o resto dos nenos e nenas poidan tamén desfrutar delas. Pregamos que revisedes ben o seu contido antes de traela. Como novidade, dentro da mochila hai libros relacionados co PDI do cole, é dicir, libros relacionados coa ONG que escolléchedes en cada aula.



Seguiremos levando a mochila 12 días, é dicir, de luns ao seguinte venres, para que así non se retrasen por se alguén se esquece.

Esperamos que vos gusten os seus contidos, e moitas grazas pola vosa colaboración e axuda.

Apertas de GusiBot!

xoves, 16 de xuño de 2022

BO VERÁN!!



Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para o verán desde a BiblioConmeniño!!

Desfrutade moito do verán queridas lectoras e lectores!!

Apertas de Gusibot

LECTORA DO ANO

E a lectora do curso, cun total de 28 libros leídos é.... ALMA!!!

PARABÉNS