venres, 28 de xaneiro de 2022

SOLUCIÓN 4º MONUMENTO

Efectivamente!! Esta viaxe de Gusibot foi moi fácil... Estivo na Gran Muralla China!!


Unha pista para a seguinte viaxe... Está moi cerquiña nosa!!



venres, 21 de xaneiro de 2022

SOLUCIÓN 3º MONUMENTO

O terceiro monumento ao que viaxou Gusibot foi..... A TORRE DE PISA!!! En Italia!! Acertáchedes case todos, moi ben feito!!

                               

E aquí vos deixamos o cuarto monumento... Onde foi Gusibot desta vez? Seica veu moi cansado de tanto camiñar!!




luns, 10 de xaneiro de 2022

2º trimestre

Comezamos o segundo trimestre con moita ilusión e moitos libros pendentes por ler, esperámosvos na biblio!!

Desvelamos tamén a lectora do mes de decembro: LAURA!! Parabéns!!


E tamén temos novo reto... Un faciliño para quentar!! Onde foi Gusibot nestas vacacións??





luns, 20 de decembro de 2021

BOAS FESTAS!

 Boas queridas lectoras e lectores! 

Chegamos ao final deste trimestre e para despedirnos deixámosvos por aquí unhas recomendacións lectoras para desfrutar este nadal. Solo tedes que clicar neste enlace para velas:

Recomendacións lectoras

Vémonos á volta, boas festas!



venres, 26 de novembro de 2021

SOLUCIÓN 1º MONUMENTO!

Velaquí a solución do primeiro monumento que visitou Gusibot, dentro do PDI "Países do mundo".

Redobre de tambores... O CHICHEN ITZÁ! En México!!

Acertáchedes un montón! Bo traballo!!

Para a semana teremos un novo reto... estade moi atentos!!



xoves, 18 de novembro de 2021

Actividade PDI "Países do Mundo"

Bos días queridas lectoras e lectores!

Como sabedes, este curso imos a viaxar polo mundo e coñecer un montón de cousas sobre distintas culturas. Gusibot non quixo ser menos, así que apuntouse tamén a viaxar polo mundo e a traernos fotos dos monumentos e lugares que vai visitando. Pero non nos quere decir onde é!! Quere que o averigüemos nós investigando nos libros. Animádesvos a participar?

O primeiro monumento é.... 







luns, 15 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado 10 de novembro celebramos no cole o Magosto, cunha merendola de castañas asadas e unha sesión de xogos tradicionais e música no patio. Pasámolo xenial!!