mércores, 24 de abril de 2019

Sensibilizándonos

O pasado 3 de decembro, celebramos a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Os diferentes cursos, nas sesións de Educación Física, fixéstedes diferentes xogos para sensibilizarnos e achegarnos ás persoas que teñen algún tipo de discapacidade.
A continuación deixámosvos algunhas fotos así como algunhas lecturas moi recomendables para esta data.
Apertas de GusiBot!!

Lecturas recomendadas:
  • Cuentos para soñar un mundo mejor de FASAD.
  •  Super Char de Down España: para ser un superhéroe sólo hay que proponérselo.
  • La tortuga Marian. (Síndrome de Down).
  • El libro negro de los colores. (Visión).
  • Crescendo (Audición).
  •  La niña que caminaba entre aromas.
  • Juan tiene autismo.
  • Tengo Síndrome de Down.
  • Quisiera ser un coche. (Discapacidade motora).
  • Mira, ¡puedo hablar con los dedos!.
  • Planeta Willy.
  • Mimi y la jirafa azul.
  • El cromosoma de Beatriz.
  • Sofía, la golondrina.
  • Mariluna.
  • Tono.
  • Me cuesta leer.
  • Supersorda.
  • Downtown.
  • Mallko y papá.
  • María y yo.
Agardamos que vos gusten!



Un samaín de ciencia!!!!

Boas de novo a tod@s!!
Unha data que celebramos de xeito especial este ano foi o Samaín! Este ano relacionámolo co PDI e as cabazas que decorástedes, tiñan que relacionarse co mundo da ciencia.
Houbo deseños moi orixinais!! Aquí vos deixamos algunhas fotiños!
Ademais dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tamén participástedes no concurso de contos terroríficos!!! Lembrade, que os relatos gañadores, podedes lelos na biblioteca!!
Moitos saúdos de GusiBot!!

Un Cole Con-Ciencia

Como xa sabedes, o PDI do centro, este ano está relacionado coa ciencia.
As temáticas que se traballarán serán as seguintes:

  • Educación Infantil: As estacións do ano.
  • 1º de Educación Primaria  e 2º de Educación Primaria: Experimentos científicos e científicos.
  • 3º de Educación Primaria: A ciencia na agricultura.
  • 4º de Educación Primaria: A robótica.
  • 5º de Educación Primaria: A ciencia no mar.
  • 6º de Educación Primaria:  A fotografía.


Ao longo do curso seguro que aprendedes un montón de cousas!!!

Apertas de GusiBot!!

PDI... Escape Room

Como recordaredes, ao inicio deste curso en outubro, fixemos un escape room cada un dos cursos, que nos proporcionou diversas pistas para descubrir cal era a temática do noso proxecto documental integrado.
Aquí vos deixamos algunhas fotos vosas en plena acción!!
Saudiños de GusiBot!













venres, 12 de abril de 2019

Anímate a ler!!

Ola de novo!!
Por aquí vos deixamos algunhas fotiños con algún do material que viaxa nas mochilas viaxeiras que tedes nos vosos cursos.
Recordade que tamén levades o diario dunha mochila viaxeira, para completar coas vosas experiencias con todas esas aventuras que vivides con cada libro!


Unha aperta moi grande de GusiBot!

As mochilas viaxeiras

Bo día nen@s!
Este ano en cada aula do noso cole, temos en viaxe, dúas mochilas, lembrádevos que é moi importante traela nos prazos establecidos así como coidar todo o material que conteñen.


A mochila viaxará á casa 15 días – de luns a luns - (agás se coincide con vacacións), e é MOI IMPORTANTE que regrese o luns correspondente para que todo o alumnado da aula teña a oportunidade de gozar dela.



Graciñas e saúdos GusiBotianos!!

A NOSA NOVA MASCOTA... GusiBot!

Como sabedes, ao inicio deste curso, cambiamos a nosa mascota da biblio e entre todo o cole, escollemos a nosa nova mascota, GusiBot!
Estes son os debuxos finalistas así como a mascota gañadora!
Saudiños!!
Debuxos feitos por: 

Xoel, Nicol, Eloy, Gabriel, Álvaro e Tristán.

venres, 15 de marzo de 2019

Voltamos á rede!

Boas a todos e todas!!
Logo dun traballo de recatalogación nos fondos da nosa biblioteca escolar, así como dunha nova distribución e decoración, estamos de volta na rede e iremos publicando as diferentes actividades que fomos realizando ao longo do curso así como as que temos previstas de aquí en adiante.
Recordarvos que ademais do recreo, a biblioteca tamén está aberta durante toda a semana (a excepción dos martes) de 16:00 a 18:00 da tarde, animádevos e visitádea!
Un saúdo para todos e todas!

sábado, 16 de xuño de 2018

REVISTA DIXITAL Nº76

Aquí vos deixamos o último número da revista "Rapaces e Rapazas". No seguinte enlace podedes acceder a ela:

REVISTA 2017-2018

luns, 11 de xuño de 2018

Recibimos a Natividad e Mustafa da ONG "POR UNA SONRISA"

Logo de investigar durante todo o terceiro trimestre a ONG "POR UNA SONRISA" hoxe recibimos a visita dos seus creadores: Natividad e Mustafa.

A súa é unha iniciativa que ten como obxectivo repartir no continente africano material escolar entre os nenos e nenas máis desfavorecidos.

Explicáronnos como foi a creación da súa ONG e o seu labor en África a través de diversas fotografías e vídeos. Así mesmo, entregámoslle todo o material escolar que conseguimos a través do Mercado Solidario que organizamos.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías dunha xornada moi especial:






martes, 8 de maio de 2018

Conmemoramos a Semana do Libro!

Do 23 ao 30 de abril conmemoramos a Semana do Libro!
O alumnado de 5º e 6º de primaria, dividido en pequenos grupos, transmitiu aos demais niveis o gozo pola lectura representando diferentes obras que buscan un mundo mellor en distintos formatos:

- El cuadro de Mondrian quiere ser cíclope e Por cuatro esquinitas de nada a través do retroproxector.

- Pelea en el cole mediante mediante o Kamishibai.

- Super Elo co teatro de sombras.

- Érase dos veces los tres cerditos a través dos títeres.

- Os de arriba e os de abaixo e A mellor sopa do mundo mediante teatro narrado.

No seguinte enlace podedes ver o resultado:

https://www.youtube.com/embed/I5hD2AQGN4M


martes, 13 de marzo de 2018

Conmemoramos o Día da Muller.

O pasado 8 de marzo foi o Día da Muller e desde o colexio decidimos investigar diferentes mulleres importantes no mundo do deporte. Así, descubrimos a Blanca Fernández Ochoa, Billie Jean King, Laia Sanz, Andrea Oubiña, Teresa Perales, Verónica Boquete  e a María Vasco Gallardo.
Aquí tedes o resultado da nosa busca:
















































































































Así mesmo, recibimos a visita dunha Superheroína chamada Andrea, que ademais de levar a cabo o labor de enfermeira no seu día a día axudando a moitas persoas, no seu tempo de vacacións viaxa a Senegal para axudar aos poboados máis necesitados.

La imagen puede contener: una o varias personas, personas en el escenario e interior