mércores, 8 de xuño de 2016

CARREIRA DE ORIENTACIÓN CON ARTE E EMOCIÓN


Este curso está chegando ao remate, e dende a área de Educación Física puxemos a proba o aprendido.
            Co bo tempo que nos invita a facer actividades no exterior, este trimestre algúns nenos de primaria traballaron a orientación, e remataron facendo unha proba na que tiveron que buscar polo cole todas as preguntas posibles e respostar ás mesmas.
            Asi, correndo, correndo, e pensando, pensando, sumaron un montón de puntos, cos que demostrar que ademais de estar en boa forma, aprenderan moooitas cousas.




As preguntas estaban relacionadas co proxecto anual e coas diversas áreas.


Todos o fixeron moi ben e aquí temos aos que conseguiron a maior puntuación.


Noraboa a todos!

luns, 6 de xuño de 2016

reciclARTE

Ola a todos!


 Polo Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), os nenos de 4º de primaria elaboraron uns instrumentos musicais xeniais feitos con materiais reciclados. 




                    



mércores, 1 de xuño de 2016

O NOSO EMOCIONARIO

Ola a todos!

Xa rematando este curso tan emocionante e artístico, presentámosvos o noso Emocionario, no que traballou todo o colexio durante o mes das Letras Galegas e que o Equipo de TIC do colexio montou. Agardamos que vos guste!

martes, 24 de maio de 2016

VISITOUNOS... GOGUE

O pasado venres 20 de maio, con motivo da Semana das Letras Galegas e no medio da nosa viaxe descubrindo diferentes artes, recibimos na Biblioconmeniño a visita do artista grovense GOGUE.
Nos días previos preparámonos para darlle a benvida. Todos os nenos do cole descubrimos as súas personaxes e practicamos a debuxalos. Cos nosos traballos preparamos uns carteis para recibilo.






 Os nenos de 4º prepararon unha presentación coa que todos descubrimos cousas deste artista da vila (compartirémola en breve) e que tamén compartimos con el o día que nos visitou.
Despois disto, fixo tres obradoiros con nós. Aos nenos de Infantil ensinoulles a debuxar animais mariños: centola, peixes, calamar... E, a petición deles, debuxou a Floreano, unha caricatura dalguén triste, dunha persoa enfadada. Agora teñen que colorealos.

Aos nenos de 1º, 2º e 3º B ensinoulles como debuxar a un tiburón que se comía un peixe. Despois eles tiveron que imitalo.
E aos nenos de 3ºA, 4º, 5º e 6º propúxolles facer unha viñeta de Floreano e Monchiña. El debuxounos sen xesto para que cada neno o copiase e completase as súas caras e inventase un pequeno diálogo. E ademais díxonos que cando estivesen rematados viría a velos para escoller un e adicarlle a súa viñeta no Faro de Vigo ao neno que mellor o fixese, qué sorte!


Ademais tamén nons explicou que agora xa case non emprega papel, senón que debuxa cunha especie de tablet que vai pasando o que el fai ao ordenador, e nos ensinou unha mostra da creación dunha escea de Moby Dick. Pareceunos moi interesante!
Como non podía ser doutra maneira, asinou o noso libro de visitas para que quede o recordo para sempre.
 
MOITÍSIMAS GRAZAS A GOGUE POR VIR VISITARNOS, ENCANTOUNOS APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS DO SEU TRABALLO E OFICIO.

xoves, 19 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a celebrar a nosa lingua e ao autor homenaxeado este ano polo Dïa das Letras Galegas, Manuel María. Para isto, os maiores do colexio fixeron un mural informativo no que compilaron diversas informacións sobre este autor e o resto do alumnado do centro está a facer as súas aportacións ao mesmo.



Dentro desta conmemoración agardamos mañán venres 20 de maio a visita dun coñecido artista da nosa vila, Gogue. En breve vos contamos como foi a visita!


mércores, 18 de maio de 2016

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o Día da Familia, e os nosos pequenos prepararon uns agasallos para lembrar ás súas familias canto as queren. Aquí volos deixamos.
Un fermoso cadro dos nenos de 6º de Ed. Infantil:
 Uns posavasos de plastilina polos nenos de 3º:

Uns boles de papel maché feitos polos nenos de 4º:

 E uns portafotos para colgar feitos polos nenos de 5º:
Bo traballo, rapaces! Agardamos que todos tivesedes un estupendo Día da Familia!