martes, 10 de novembro de 2015

APÓCEMAS EMOCIONANTES

Ola a todos!
Hoxe traémosvos os vídeos coas apócemas tan emocionantes que preparastes polo Samaín. Aí vai!

Bo traballo rapaces!

venres, 6 de novembro de 2015

EMOCIONÁMONOS COA ARTE DA MÚSICA

Ola a todos!

Como ben sabedes, nete curso adicado a emocionArnos coas artes, estamos descubrindo diferentes grupos e músicos de distintas etapas, para o que cada mes soa pola megafonía do colexio, a música dese autor ou autores.
Neste enlace, ao que poderedes acceder sempre que queirades dende a barra lateral dereita, atoparedes listas de reproducción con cancións dos diferentes autores.
No mes de outubro descubrimos a ABBA, aí vai unha lista con algúns dos vídeos das súas cancións.

luns, 2 de novembro de 2015

SAMAÍN 2015: UNHA CELEBRACIÓN CHEA DE ARTES E EMOCIÓNS!

Ola a todos!

Hoxe traémosvos un pequeno resumo do Samaín 2015 no noso colexio. Este ano, un Samaín cheo de  artes e emoción!

Primeiro de nada, un vídeo coas marabillosas cabazas que os nenos elaboraron en colaboración coas súas familias. Con elas, montamos na escola un museo cheo de Artes e emocións. Había pintores, esculturas, algunha obra arquitectónica, protagonistas de contos cos que traballamos as emocións, ... Canto talento, imaxinación e inxenio! De novo, parabéns a todos, fixestes un moi bo traballo!



Para ambientar o noso museo, os nenos de 2º e 1º ambientaron o colexio dun xeito mooooi terrorífico!


Se queredes ver ou descargar as fotos da nosa celebración, so tedes que premer AQUÍ.

Neste día tamén contamos, grazas á ANPA, cos xogos poulares que nos prestaron. Noutra entrada publicaremos algunhas imaxes do ben que o pasamos xogando tradicionalmente ;)

E, para rematar por hoxe, só dar as GRAZAS, de novo, ás familias pola súa colaboración!

martes, 27 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015 - emocionARTE

Ola a todos!
Como sabedes, o sábado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, durante estes días estamos a ter algunhas actividades relacionadas con esta festividade. 

Primeiro de nada, un resumo das aulas deste curso, xa ambientadas para ser, a través do proxecto da biblioteca, "base de exploracións", como di o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso. Aí vai un pequeno resumo!

DÍA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015: emocionARTE on PhotoPeach
E, para ver todas as fotos, só tedes que premer AQUÍ.

Estade atentos, que haberá algunha cousiña máis relacionada coa nosa biblioteca!

martes, 20 de outubro de 2015

E... XA TEMOS LOGO PARA O NOSO PROXECTO DESTE CURSO!

Ola a todos!
Despois do concurso de logos, xa temos o logo oficial para o noso PDI deste curso "EmocionArte: unha viaxe polo mundo das artes e as emocións".
Foi imposible escoller só un, así que o logo final é unha compilación dos presentados por Lucía (3ºA), Sara (5º), Noa (6º) e Julia (6º). Elas, xunto cunhas compañeiras elaboraron o logo final que xa da a benvida á nosa biblioteca.

Bo traballo!