Premendo na foto inferior accederedes a un artigo sobre os beneficios de ler aos nenos dende pequenos. Agardamos que sexa do voso interese.
Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe de Conmeniño (O Grove)
martes, 10 de decembro de 2013
mércores, 4 de decembro de 2013
CADERNOS VIAXEIROS I
Ola ratiños!
Aquí vos deixo algúns dos vosos traballiños nos cadernos viaxeiros. A seguir así! Premede na segunda imaxe para velos todos!
venres, 29 de novembro de 2013
CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR
Ola ratiños!
Hoxe tráiovos uns conselliños para convertirse en grandes lectores.
Se bos lectores queredes ser, a seguinte presentación debedes ler...
luns, 25 de novembro de 2013
EN CONMENIÑO, POLO OUTONO...
Ola ratiños!
Aquí vos traio un pequeno vídeo que compila o traballiño tan fermoso que fixestes con follas de outono e a exposición de diferentes árbores coas súas follas, ...
venres, 22 de novembro de 2013
COUSIÑAS DE OUTONO
Ola ratiños!
Sí, aínda segimos en outono aínda que vaia tanto frío. E por iso vos traio unha actividade LIm para pasar un bo ratiño lendo e xogando con cousas desta fermosa estación.COma sempre, só tedes que premer na imaxe inferior.
venres, 15 de novembro de 2013
OUTONO, TEMPO DE MAGOSTO
O pasado mércores, 13 de novembro celebramos, como cada ano, o noso magosto, un día cheo de xogos tradicionais e ricas castañas asadas. Aquí vos deixamos un vídeo e algunhas imaxes deste día tan divertido.
Primeiro de nada, organizámonos en grupos de idades variadas para participar nos distintos xogos.
E... listos para xogar! Había 9 xogos diferentes polos que fomos rotando.
Mentres, as castañas estaban asando. Que arrecendo!
Rematados os xogos, a comer!!!
Case non quedou nada, pero conseguín unhas pouquiñas e podo dicir que estaban boísimas!
Un biquiño de ratiño namorado do outono!
Ah! que me esquecía! Se queredes ver máis fotos deste día e descargalas, só tedes que premer AQUÍ!
luns, 4 de novembro de 2013
SAMAÍN 2013: O SAMAÍN MARIÑO DE CONMENIÑO
Ola ratiños!!! Pasado o Samaín e despois de tantos días sen vernos, aquí vos traio unha compilación das vosas marabillosas cabazas mariñas. Unha vez máis, quedei pampo con tanta creatividade e imaxinación. NORABOA A VÓS E ÁS VOSAS FAMILIAS, BO TRABALLO!
Ademais do concurso de cabazas, tamén tivemos chocolatada e unhas actuacións relacionadas co Halloween.
Se premedes na imaxe inferior poderedes ver e descargar todas as fotos deste día.
Ademais do concurso de cabazas, tamén tivemos chocolatada e unhas actuacións relacionadas co Halloween.
Se premedes na imaxe inferior poderedes ver e descargar todas as fotos deste día.
E premendo AQUÍ, poderedes ver a obra de teatro que nos presentaron os alumnos de 4º.
luns, 28 de outubro de 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO NOSO COLE
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Co gallo desta celebración, o ratiño encomendounos unha misión, que era que cada aula escollese unha personaxe relacionada co proxecto sobre o que estamos a traballar neste curso ("8 meses de viaxe submariña") e investigase sobre o tema escollido para ambientar a clase, a biblioteca de aula, ... Unha vez feito isto, era hora de compartilo con todos os compañeiros, polo que o venres 25 de outubro, organizados en grupos, fomos polas distintas clases e alí os nenos de cada grupo nos presentaban a personaxe escollida, o que sabían dela, ... Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas imaxes por se as queredes ver...
mércores, 23 de outubro de 2013
OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Ola ratiños!
Como ben sabedes, o mes de outubro é o mes das Bibliotecas Escolares. O día 24 de outubro é o día escollido para rendir homenaxe a este recuncho tan especial dentro dos colexios.
Un ano máis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviounos o cartel conmemorativo para esta data. O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
No cole celebraremos esta data o venres 25 de outubro, e estou impaciente por ver con que me sorprendedes.
Saúdos de ratiño lector de libros científicos!
domingo, 20 de outubro de 2013
LIBRO DE RECEITAS MARIÑAS
Co gallo da celebración da Festa do Marisco na nosa vila (O Grove), os nosos alumnos, xunto coas súas familias, trouxéronnos unha morea de receitas con ingredientes do fondo mariño. Dixemos un libriño compilatorio e aquí volas deixamos! Agardamos que vos gusten e... a cociñar!
xoves, 17 de outubro de 2013
XA TEMOS PROXECTO PARA O CURSO 2013-2014
Ola ratiños! Despois de tantas pistas e das vosas investigacións, por fin descubristes o tema sobre o que imos tratar durante este curso 2013-2014. Aquí vos deixo algunhas das pistas e as miñas cartiñas.
Ao chegar ao cole, este recibimento:
Á porta da biblioteca, o ratiño de Conmeniño convertido en capitán.
Uns días despois, o cole apareceu cheo de carteis co número 20000...
Recibimos unhas cartas nas clases, nas que o ratiño nos encargaba investigar unhas pistas ata descubrir o tema para este curso. (Premendo na carta inferior poderedes lelas todas)
E despois de investigar e moito pensar...
Descubrimos que o tema sobre o que imos traballar este curso dende a biblioteca é:
luns, 7 de outubro de 2013
L FESTA DO MARISCO
Como ben sabedes, este ano O Grove está a celebrar a súa L Festa do Marisco. Coma sempre, ao abeiro desta celebración convócase un concurso de carteis para elexir o cartel para o vindeiro ano. Este foi o cartel para este ano.
Para conmemorar este aniversario, os nenos de 3º, 4º e 6º fixeron os seus propios carteis e cadros para conmemorar este importante aniversario. Aquí vos deixo algúns deles e premendo AQUÍ poderedes velos todos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















