Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe de Conmeniño (O Grove)
xoves, 3 de outubro de 2013
martes, 1 de outubro de 2013
AS MOCHILAS COMEZAN A SÚA VIAXE...
Ola ratiños!
Un ano máis, as nosas mochilas viaxeiras comezan a súa andadura. Agardamos que vos gusten os libros que nelas viaxan e pasedes con elas un moi bo rato de lectura en familia.
Ah! E non vos esquezades de contarnos a experiencia, o que lestes, o que máis vos gustou, que aprendestes, ... nos nosos cadernos viaxeiros. Déixovos unha pequena compilación dalgúns dos vosos traballiños no curso pasado. Só tedes que premer na imaxe inferior!
Saúdos de ratiño lector!
E estade moooi atentos que estamos a piques de desvelar o título do tema sobre o que imos traballar este ano!
xoves, 12 de setembro de 2013
BENVIDOS AO CURSO 2013-2014!
Ola ratiños! Xa estamos de volta! Deséxovos un moi bo curso 2013-2014!
Vémonos na biblioteca!
PD: Estade moi atentos se queredes saber por que viaxo en submariño...
martes, 25 de xuño de 2013
A HORA DAS DESPEDIDAS...
Bos días ratiños!
Vós xa estades de vacacións, e eu por aquí ando, poñendo un pouco de orde na biblioteca e preparando cousiñas xa para o vindeiro curso. Despois de todas as celebracións da semana pasada antes de irnos de vacacións, hoxe tráiovos un anaquiño do vivido, o momento das despedidas. Déixovos por aquí os vídeos que prepararon a profe Alejandra (6º EI) e a profe Ilduara (6º EP) para o acto de graduación.
Moi atentos ás conclusións dos ratiños de 6º de infantil despois do seu paso pola Ed. Infantil:
sábado, 22 de xuño de 2013
NOVAS COUSIÑAS DA NATUREZA POR PARTE DOS NENOS DE 6º DE EP.
Ola ratiños! Aínda que xa rematou o cole, hoxe tráiovos máis cousiñas da natureza. Nesta ocasión trátase do traballiño feito polos nenos de 6º de primaria, que nos contan o que eles vían pola súa fiestra neste curso. Non vos perdades o vídeo, co que eu xa aprendín unha morea de cousas!
Saúdos de ratiño fascinado coa natureza!
TROCO- a nosa 1ª curta de animación
Ola ratiños! Aquí vos deixo a curta presentada polo alumnado de 2º ao concurso "Nós tamén creamos". Xa sairon os premiados, e queremos mandar as nosas felicitacións aos gañadores. Parabéns! Toda a información AQUÍ. Non deixedes de ver as curtas presentadas, hai verdadeiras obras de arte!
luns, 17 de xuño de 2013
REVISTA CURSO 2012-2013
Ola ratiños!
Xa preparados para as vacacións? Antes de marchar, quero deixarvos por aquí o último número da nosa revista escolar "Rapaces e rapazas". Imos xa polo número 71, que, como todos os anos, ven cargadiño cunha morea de traballos moi interesantes. Unha boa memoria dalgunhas das cousiñas acontecidas neste curso.
Como cada ano, todos levaredes para casa un exemplar, pero neste curso, como novidade non a levaredes en papel, senón en soporte dixital. Xa sabedes que estamos na misión de coidar a natureza aforrando papel. Todos teredes así un CD coa revista para lela na casa tantas veces como queirades!
venres, 7 de xuño de 2013
"TROCO" COMO SE FIXO?
Ola ratiños! Hoxe tráiovos novas relacionadas co concurso "Nós tamén creamos", xa sabedes, o concurso no que participaron os nenos de 2º que consistía en crear unha curta de animación a partir dun conto.
Agora que xa están publicadas todas as curtas participantes na páxina da RTVG, xa podemos contarvos moitas cousiñas.
Polo de agora, un pequeno vídeo que recolle o "Como se fixo?" da nosa curta. Non volo perdades para saber que conto escollemos, como creamos as personaxes... todo todo!
mércores, 5 de xuño de 2013
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Ola ratiños!
Sabedes que día é hoxe? Hoxe é 5 de xuño, o Día Internacional do Medio Ambiente. Aínda que xa sabemos que o medio ambiente debemos coidalo cada día, como hoxe é o seu día, tráiovos unha historia e un pequeno vídeo con unhas ideas para ser máis respetuosos co noso planeta.
Primeiro de nada, unha curta cun pequeno consello...
E ademáis, un conto moi explicativo.
martes, 28 de maio de 2013
venres, 24 de maio de 2013
EN 1º, APRENDEMOS A COIDAR O MEDIO AMBIENTE
Os nenos de 1º de primaria teñen hoxe algo que ensinarnos, uns sinxelos xestos para coidar do medio ambiente.
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE 0001 from
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE 0001 from
xoves, 23 de maio de 2013
XOANIÑAS, XOANIÑAS...
Dentro do noso proxecto de investigación "O ratiño quere saber, quen vive aquí? Ti que ves pola túa fiestra?, os nenos de 1º decidiron investigar as xoaniñas, as súas características, o seu ciclo de vida, ... E para completar e repasar todo o aprendido, empregaron este Lim.
Cantas cousas da natureza estamos a aprender todos este ano!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





