venres, 26 de maio de 2023

Cantodorxo

 Ola!

O prometido é débeda. O venres ás 12,30 h tivemos unha cita, onde rematamos de festexar a Semana das Letras Galegas como máis nos gusta: cantando e bailando.

Tivemos unha xornada moi especial, xa que contamos coa participación dunha das asociacións con máis sona do Concello, Cantodorxo, que acompañaron a varias alumnas do noso cole para ofrecernos unha mostra de baile e música tradicional galega.

O certo é que podemos valorar a xornada moi positivamente, xa que gran parte da cativada do cole e moitas mestras e mestres, animáronse a bailar no peche da actividade, amosando interese por esta parte tan fermosa da nosa cultura.

Podedes ver o resumo do día no seguinte vídeo.





O noso agradecemento a Juan e Mariví pola súa boa disposición, o marabilloso trato e, especialmente, por darnos a oportunidade de coñecer de primeira man o fermoso das nosas tradicións e encher de música e alegría o noso centro. 💖💖💖

Parabéns ás Cantodorxiñas! Que ben o fixestes, mozas! Moitísimas grazas por facer que este día de celebración fose tan especial. Que orgullosas estamos de todas vós! 💙💙💙

Ningún comentario:

Publicar un comentario