xoves, 25 de abril de 2019

Un Entroido en relación ao PDI

Como recordaredes, no Entroido, os diferentes cursos disfrazámonos relacionando a temática do PDI deste ano cos disfraces. Aproveitando que tamén traballamos a reciclaxe con Sogama, no noso cole decidiuse facer un desfile de Entroido moi especial!!
Os nen@s de Educación Infantil disfrazaronse con fenómenos relacionados coas estacións do ano, con disfraces moi bonitos e orixinais.
En 1º e 2º de EP, os nen@s foron divertidos científicos, Marie Curie moi ben caracterizadas, …
En canto aos pequen@s de 3º de Primaria, foron uns magníficos agricultores acompañados da súa ferramenta, tractores, …
No tocante ao alumnado de 4º de EP, transformáronse nuns espectaculares robots.
Os alumn@s de 5º de Primaria, foron fantásticos buzos.
Por último, o 6º curso, eran os fotógraf@s de todo o acontecemento, iban caracterizad@s dunha forma boísima.


En breves, subiremos diferentes fotos así coma un vídeo do desfile.

Ningún comentario:

Publicar un comentario