luns, 29 de abril de 2019

Semana da prensa e Día Internacional da Muller

Con motivo da conmemoración da Semana da Prensa e tentando relacionala coa importancia da figura da muller na sociedade, dende a biblioteca, propuxemos a actividade de que o alumnado trouxese da súa casa unha noticia na que aparecese unha muller (do eido da literatura, do arte, da política, da ciencia, do deporte, ...) para posteriormente realizar un mural con nomes representativos do feminismo ou de persoas que loitaron pola defensa dos dereitos e da igualdade da muller na sociedade.
Podedes ver o mural no corredor da biblioteca, pero de todos xeitos, aquí vos deixamos dúas fotos.

Saudiños de GusiBot!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario