Así como remata o curso, rematan as viaxes gastronómicas dos nosos reporteiros.
Para poñer o punto final,
temos dúas receitas orixinarias dos Estados Unidos que nos traen ANXO CAMBADOS e MANUEL CASTRO: un pastel trenzado de froitos secos e
unhas tortas americanas.
Agradecémoslles a todos eles os estupendos pratos e larpeiradas que
nos ensinaron a preparar. Foron unha delicia!
Moitas grazas reporteiros!!!
PASTEL TRENZADO DE FROITOS SECOS
fácil X para 6 persoas X tempo de elaboración: 45 minutos
PRECISAS
1 tixola
1 coitelo
INGREDIENTES
masa de hoxaldre cadrada
améndoas laminadas
noces picadas
dátiles
1 mazá
1 vaso de leite
150 g de azucre
manteiga
caramelo líquido
1. Botamos a manteiga nunha
tixola e engadimos os dátiles e a mazá e fritimos todo.
2. Cando estean cociñados
engadimos o leite e o azucre, e despois as améndoas e deixámolos dourar.
3. Estendemos a masa e cortámola
por dous dos lados opostos en liñas paralelas.
4. Botamos a mestura anterior
no centro, sobre a parte que non está cortada; coas partes cortadas,
comezamos a facer unha trenza.
5. Quentamos o forno a 180º e
metemos o pastel durante 20 minutos, ou ata que a masa estea dourada.
6. Por último, decoramos co
caramelo líquido.
Bo proveito!
Comezamos co recheo.
Mmm... esto está tomando moi boa pinta.
Para rematar, 20 minutiños ao forno.
No almorzo, como sobremesa ou na merenda...
delicioso a todas horas!
delicioso a todas horas!
TORTAS AMERICANAS
moi fácil X para 6 persoas X tempo de preparación: 25 minutos
PRECISAS
1 tixola
1 batedor
1 espátula
INGREDIENTES
1 sobre de preparado para tortas
auga (a que indique no sobre)
aceite
1. Mesturamos o contido do sobre con auga e batémolo ben.
2. Para cada torta, quentamos a tixola, botamos unhas gotas de aceite e un pouco do preparado de xeito que cubra o fondo.
3. Deixamos uns segundos para que se cociñen por un lado, dámoslle a volta e cociñámolas polo outro lado.
4. Quitámolas da tixola e... a comer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario